martes, 30 de decembro de 2014

Destas historias

"Pois teu tío Luis estuvo na guerra en África, el hombre, a única vez que viaxou na vida; e alí en Marruecos caéuselle unha carteira que levara da casa, un día que iba na lancha.
Despois volveu e casouse con Elena e tuveron a miña prima Pepita, que en paz estea, e un día debaixo da ponte da Marisma pescou unha solla así de grande. E dentro dela encontrou, por suposto, ¡a carteira que perdera no mar en África!
Tiña destas historias, pero meter non se metía con naide..."