martes, 8 de xullo de 2008

Sobre a distacia recorrida polos porteiros (...e II)

Antes de nada vouvos ser sincero: hasta que o mirei ontes pola tarde, non tiña nin idea de cómo coño se medían os 3,3 kilómetros. A única opción que se me ocurrira para que Íker completara esa distancia fora que no descanso, mentras todos repoñían forzas ou escuitaban ó entrenador ou facían o que seña que se fai nos descansos, el aproveitara para irse dar unha volta, quizáis para conxura-lo nerviosismo pola inminente victoria.

Incluso me tiña feito un circuliño de radio 1,5 kilómetros ó redor de estadio, cousa que por certo parece fácil dito así (e probablemente o sexa), pero que a min me costou dios e axuda: tuven que usar tres programas, acabei pintando o círculo a man alzada co Paint... En fin, e todo para nada, mala suerte...


Non sei si o círculo se ve demasiado claro, pero resulta que prácticamente ó único que lle daría tempo (quero decir espacio) sería a ter andado por unha ponte atirantada sobre o Danubio recén construida e bastante riquiña, que aparece mal encuadrada na foto do lado.

Dame a sensación de que, de todas formas, Iker Casillas non é un amante da enxeñería civil, así que é de supoñer que trataría de ir en dirección NNO, acaso para subirse á Riesenrad, a famosa noria no parque do Prater á que Orson Welles se subía con Joe Cotten en "El tercer hombre", despois de dicirlle aquelo do reloxo de cuco:

“En Italia, durante treinta años bajo los Borgia tuvieron guerras, terror, asesinatos, derramamiento de sangre - pero produjeron a Miguel Ángel, Leonardo da Vinci y el Renacimiento. En Suiza tuvieron amor de hermanos, 500 años de democracia y paz, y ¿qué produjeron? El reloj de cuco".


Tristemente para o porteiro, a Riesenrad quédase fóra do noso círculo por unhos 300 metros (ademáis de que dudo muito que tuvese funcionando un domingo...)

Tamén se quedan fóra por pouco unha iglesia a orillas do Danubio que seguro que é mui interesante, e sobre todo, o punto naranxa ese que vedes exactamente en dirección Oeste no mapa de arriba, como medio kilómetro fóra da área que podería cubrir Íker
: pois eso vén sendo a Hundertwasserhaus (perdón polos acentos), un enorme complexo desquiciadamente diseñado por un tal Friedrich Hundertwasser, artista austríaco ó que lle chamaban "o Gaudi austríaco" (de maneira pouco orixinal), básicamente porque non hai cristo que lle encontre o sentido ós edificios que facía, edificios por outra parte moi recomendables.

¿Sabedes qué vos digo? Que lle dén por saco ó ejército de Suecia e ó trackeo e ó círculo rojo, a min non me convenceron. Non sei qué pensaredes vosoutros pero eu pola miña parte prefiero imaxinar que Íker Casillas, cando España estaba ganando 1-0 no descanso da final, foise dar un paseo para toma-lo aire. Subiuse a dar unha volta na noria (ainda que fose domingo e ademáis non lle dese tempo nin espacio), e cando volveu xa empezara a segunda parte, pero non o vimos chegar porque normalmente as cámaras nunca enfocan ó porteiro...

Igual sería unha boa idea para unha sección independiente do blog éste, resumir un pouco a onde van os porteiros cando non os miramos... Ocúrreseme así a bote pronto que Aouate pode ir pegarse un chapuzón á plaia de Riazor.
Pero máis aló, sería interesante saber qué hai cerca dos grandes estadios europeos, nas cidades emblemáticas: hasta onde chegarían Cech ou Almunia paseando por Londres (¿encontraríanse, de casualidade?), ou o porteiro da Roma, por exemplo. Ou Reina(nese caso sólo faría falta saber cal é a taberna máis cercana a Anfield...) En fin, que me desvío do tema... Acabo a entrada cunhas cuantas fotos da Hundertwasser:






1 comentario:

VeryBerry dixo...

No podías contenerte, ¿eh? ¡Bien hecho!