miércoles 15 de abril de 2009

O caso das pintadas imaxinativas (...II...)


É posible que compoñendo dalgunha maneira as frases acaben tendo sentido.
"Os mobles de boa madeira; as cereixas, do val do Jerte..."

O caso das pintadas imaxinativas (I...)


Hai alguén en Lugo que sabe que recopilo as pintadas que me parecen curiosas. É a única explicación que encontro

martes 23 de septiembre de 2008


Na Avenida da Coruña, enfrente do Barrio Feijoo

lunes 4 de agosto de 2008

Por aclamación popular, novo Persoeiro Mediano da Humanidade: Hoxe, Thysanopoda


Abre esta entrada a que probablemente sexa única imaxe que existe no mundo do disco de debut de Thysanopoda, alcume da cantante e actriz norteamericana Pamela Brown (Greensboro, Carolina do Norte, 1 de Abril de 1950- Birmingham, Alabama, 28 de Decembro de 1977).
Brown naceu no seo dunha familia moi modesta e relixiosa en Carolina do Norte, que a educou nunha férrea disciplina moral, e dende moi pequena participaba no coro da súa congregación baptista. Con apenas 15 anos foi descuberta polo reverendo presbiteriano John W.Rice Jr. quen según conta a historia iba de camiño a Carolina do Sur cando se lle pinchou unha roda do coche, xusto diante da igrexa onde ensaiaba o coro liderado pola pequena Pam, e quedou impresionado por unha interpretación súa de "Goodnight Irene".
Pouco despois trasladouse co permiso da súa familia á cidade de Birmingham, Alabama, onde o reverendo Rice dirixía o Westminster Presbiterian Church Choir, probablemente o máis importante coro de gospel do sur dos EEUU na época. El acolleuna na súa propia casa, onde fixo moi boas migas coa súa filla maior, Condie, prácticamente da súa mesma idade.
Baixo o auspicio da familia Rice, convertida na solista principal do WPCC e nunha das máis grandes belezas da cidade (a diferencia da súa íntima amiga, que era máis ben fea), Pamela Brown chegou á maioría de idade coma unha rapaza feliz e chea de esperanzas. Sin embargo, en 1968 recibiu un duro golpe, xa que os seis pais morreron durante unha visita turística ó monte Rushmore, ó caérselles enriba un pedazo do bigote de Theodor Roosevelt.
Brown caeu entón nunha depresión moi forte, manifestando constantes episodios de ira, chegando nunha ocasión a lanzarse nunha patada voadora dende o atril sobre unha das fieles do pastor Rice que botara unha chapa de Coca-Cola no cepillo parroquial. O reverendo, preocupado, tratou de internala nun hospital psiquiátrico, pero o 1 de Xulio de 1969 Pamela escapouse de Birmingham, colándose coma polizón nun autobús da compañía Greyhound.
Desembarcada na cidade de Reno tras ser descuberta, continuou a súa fuga durante un mes, movéndose por estradas secundarias e roubando sucesivos coches que deixaba abandoados tras poucos quilómetros, así como pequenos bancos ou oficinas postais. A súa carreira delictiva, uns vinte atracos en total, coincidiu no tempo coa estrea da película "Easy Rider", o cal lle procurou unha fama instantánea entre a xuventude da época.
Chegou a entrar na lista dos máis buscados do FBI antes de ser detida o 8 de agosto, nunha espectacular persecución polas rúas de San Francisco que rematou ó atropelar mortalmente a un obreiro que transportaba unha lámina xigante de cristal.
Tras un xuízo moi polémico, foille diagnosicado unha personalidade bipolar, e foi internada no psiquiátrico penitenciario Fletcher Memorial Home, no cal publicou as súas memorias, rápidamente vendidas a Hollywood. Asimesmo, tamén grabou o seu disco, "Real without pleasure", baixo o pseudónimo de Thysanopoda, que tomou do nome das súas pastillas.
Saliu do hospital psiquiátrico cinco anos despois, en 1974, convertida nunha celebridade. Trasladouse a Hollywood, onde comezou unha carreira cinematográfica, que consistiu básicamente en musicales de xénero blaxploitation, coma "Foxy Jones in Wheels on Fire" (1975), a película que narraba a súa propia historia, ou "The Bride of Blackula"(1975), que xa non tiña nada que ver con ela.
Nas constantes festas que daba na súa mansión, a menudo con invitados coma Julius Erving ou Sidney Poitier, comezou a desenrolar unha adicción á bebida, que se uniu á súa dependencia da Thysanopoda e do Agar-agar, e finalmente fixo que morrese nas navidades de 1977, cando estaba en Birmingham pasando as festas coa súa familia, á temprana e fatídica idade de 27 anos, convertida finalmente nunha figura de culto funky.

jueves 24 de julio de 2008


Subo unha foto cortesía de Mariana, non sei decir onde a sacou.

Falsos trailers

Resulta que en moitas escolas de cine fanse como exercicios de clase falsos tráilers editados para cambiarlles o argumento ás películas orixinais, e naturalmente moitos acaban en YouTube... Enséñovos unhos cuantos, pero sólo con teclear en Google "re-cut trailers", ou "spoofs", ou algo así, xa teredes para horas e horas de diversión nestas longas tardes de verán.
Vamos a ver, este probablemente é o máis famoso, "The Shining":



E ademáis, distintas versións de "Little miss sunshine":







En fin, podedes encontrar desde unha "Mary Poppins" de terror (non, a original non o era), ou unha "Amelie" psicópata (que non, que a original non o era...), hasta "Brokeback to the future"... Entretenimiento para horas e horas, xa vos digo, horas e horas...
Buf, teño que buscarme unha moza.

viernes 11 de julio de 2008

Persoeiros Medianos da Humanidade: Hoxe, Sadasivan Balaji

Sadasivan Balaji (Baktawng, Mizoram, 28 de Decembro de 1900-Patuvan, Kerala, 1 de Abril de 1950) foi un respetado músico e maestro de sitar indio.
Proveñente dunha modesta familia de pastores trashumantes do estado de Baktawng, no Noroeste de India, desde pequeno mostrou moito interés pola música, pese ás reticencias da súa familia. Escapou da súa casa ós 15 anos cunha das ovellas da familia, e, co diñeiro da súa venta, costeouse o seu ingreso na Imperial School of Music de Madrás (ISMM), donde moi pronto destacou como virtuoso da guitarra e do sitar.
Unha vez rematou os seus estudios, incorporouse en 1928 como profesor da ISMM, sendo o primeiro nativo indio que ocupaba un posto tal. Desde a súa cátedra da ISMM, exerceu de maestro de moi coñecidos músicos indios, coma Kasturba Ray, Aishwarya Annand e, sobre todo, Ravi Shankar, do que sempre dixo que era para el o fillo que nunca tivera (mentras Shankar dicía de Balaji que era o pai ó que nunca visitaba). Asimesmo, mantivo unha fecunda correspondencia con Ghandi, con quen soamente coincidiu unha vez: Balaji estivo con Ghandi en 1942, durante os seus famosos vinte días de xaxún no cárcere, tocando día e noite sen descanso o seu sitar para darlle ánimos ó lider.
A súa radical militancia na relixión zoroastriana, e os seus constantes enfrentamentos coa ortodoxia hindi fixeron que pouco despois caese en desgracia ó declarar en público, no acto de presentación do curso de 1946, "prefiro miles de veces ás miñas amadas ovellas de lana blanca coma a neve, coas súas orellas traviesas e as súas ubres e as delicadas patas que as sosteñen firmes que ás vacas, que para min non son máis que meras criadoras de moscas".
A partir de entonces perdeu o respeto dos seus alumnos, que o chamaban "o carneiro pestilente" ou "o cabrón", e foi forzado a dimitir do seu posto ó inicia-lo curso de 1947, cando a institución do ISMM se refundou ó independizarse a India do imperio inglés. Ademáis de eso, foille completamente imposible publicar ningún álbum, toda vez que tanto Shankar como Ghandi renegaron en público da súa amizade.
Desencantado pola súa situación decidiu retirarse á aldea de Patuvan, no distrito de Kerala, aldea na que tiña unha pequena granxa onde criaba ovellas. Nesta granxa recibiu o 17 de Novembro de 1949 a visita do folclorista americano Alan Lomax, que rexistrou por primeira e única vez a voz e a música de Balaji nunha grabación histórica, da cal se extraeron as cancións do seu único disco, chamado no mercado occidental "Like a windshield on a bug".
Este vinilo, largo tempo descatalogado, contén unha enérxica versión para sitar da canción tradicional estadounidense "Mary tiña un cordeiro", versión que á súa vez foi interpretada por George Harrison (con Eric Clapton ao sitar) nun mítico directo no CBGB de Nova York; así como a balada "Janam din mubarak ho", que co tempo se consolidou coma a canción de amor por antonomasia das películas de Bollywood.
Sin embargo, o éxito do disco chegou moi tarde para Sadasivan Balaji, que morreu apenas unhos meses despois da visita de Lomax no máis absoluto anonimato e sen ningún recoñecemento, na súa granxa de Patuvan, a causa das feridas gangrenadas que lle produxo un castrón ó mordelo nos testículos cando Balaji, irónicamente, estaba a tratar de castralo a el.
Triste final que sen dúbida cumplía á máxima vital de Balaji, da cal saíu o nome do seu disco: "Death sneaks up on you like a windshield on a bug".