martes 10 de mayo de 2011

Cambridge Footlights

Buscando información o outro día sobre David Mitchell (o de Mitchell & Webb), leín na Wikipedia que na súa época de estudiante fora presidente de Cambridge Footlights.
Footlights é o grupo amateur de teatro da Universidade de Cambridge, e para ser un grupo amateur e estar radicado nunha universidade tan prestixiosa coma Cambridge (á que a xente, en teoría, iría a estudiar sesudas carreiras para acabar en Downing Street), é enorme a cantidade de humoristas e actores que pasaron por él, dame a sensación de que muito maior que en calquer outra compañía similar.
Polo de pronto, o que me chamou a atención cando leín sobre Mitchell (perdón, Mitchell) é que unhos días antes leera exactamente o mesmo de Richard Ayoade (ademáis, resulta que teñen prácticamente a mesma idade, así que chegaron a coincidir nalgunha montaxe); e sabía que antes ca eles, pasara polo Footlights a principios dos 80 o grupo de Stephen Fry, Hugh Laurie e Emma Thompson; e antes incluso, unha parte dos Monty Phyton.
Estes eran soamente os exemplos que tiña na cabeza, sin facer a trampa da Wikipedia, e tal vez non impresionen a naide, pero chamáronme a atención o suficiente como para que mirase na web do grupo e me puxese a leer a lista completa de antiguos alumnos de Footlights.
Impresionante, extensísima; a modo de exemplo, poido facer un pequeno recorrido pola súa historia, e contando soamente os que coñezo sin facer trampa: desde o terceiro presidente, que foi Gilbert o de Gilbert & Sullivan, pasando polos mencionados Chapman, Cleese e Idle, Fry, Laurie e Thompson, por Douglas Adams (o autoestopista galáctico) e Robert Webb (o outro de Mitchell & Webb, tén sentido), e tamén (todo hai que decilo) por xente que non me gusta particularmente, coma Sacha Baron Cohen ou David Baddiel (a quen, sin embargo, lle agradecerei mentras me acorde que compuxera esto), hasta chegar ós últimos (que eu seipa) en alcanzar a fama (son dous dos Inbetweeners): Joe Thomas e Simon Bird.
Por certo, curioseando na Wikipedia, encontrei que Oxford tén o seu equivalente a Footlights: Oxford Revue. A lista de antiguos alumnos é moito máis corta, pero tamén moi sorprendente: Michael Palin e Terry Jones, Ken Loach, Richard Curtis, Armando Ianucci (moitos directores, polo que parece), e tamén Rowan Atkinson e... Katherine Parkinson (Jen!).