mércores, 15 de abril de 2015

Coma Cabeza, en Parets

Vexo ó baixarme do tren un cartel que dice: "Gallecs. No passaran!". Asústome ante a posibilidade de estar participando sin sabelo nunha invasión galega a Parets del Vallès; realizada por tren, é de supoñer, aproveitando o ancho ibérico.
Si alguén pode facelo, eu fíome da miña capacidade de conquistar un pobo de chorra, inexorablemente e sin querer. "A invasión galega de 2015", dirán os libros de texto, "foi un episodio moi confuso na historia de Parets. O propio invasor parecía non saber si estaba invadíndonos ou non, e non foi capaz de explica-los seus motivos; si acaso, parecía cabreado consigo mesmo por estar cumplindo co puñetero tópico da escaleira."

Versión en castelán aquí

Ningún comentario: