martes, 10 de maio de 2011

Cambridge Footlights

Curioseando o outro día na páxina da Wikipedia de David Mitchell (o de Mitchell & Webb), leín que na súa época universitaria fora presidente de Cambridge Footlights.
Footlights é o grupo amateur de teatro da Universidade de Cambridge, e para ser un grupo amateur e estar radicado nunha universidade tan prestixiosa coma Cambridge (á que a xente, digo eu, iría a estudiar sesudas carreiras para acabar en Downing Street), é enorme a cantidade de humoristas e actores que pasaron por el, creo que muito maior que en calquer outra compañía similar.
Polo de pronto, o que me chamou a atención cando leín sobre Mitchell é que unhos días antes leera exactamente o mesmo de Richard Ayoade (ademáis, resulta que teñen prácticamente a mesma idade, así que chegaron a coincidir nalgunha montaxe); e sabía que antes ca eles pasara por Footlights a principios dos 80 o grupo de Stephen Fry, Hugh Laurie e Emma Thompson; e antes incluso, unha parte dos Monty Phyton.
Estes eran soamente os exemplos que tiña na cabeza, sin facer a trampa da Wikipedia, e tal vez non impresionen a naide, pero chamáronme dabondo a atención como para poñerme a ler na web do grupo a lista completa de alumnii.
Impresionante, extensísima; a modo de exemplo, deixádemen facer un pequeno recorrido pola súa historia, contando soamente os que coñezo sin facer trampa: desde o terceiro presidente, que foi Gilbert o de Gilbert & Sullivan, pasando polos mencionados Chapman, Cleese e Idle, Fry, Laurie e Thompson, por Douglas Adams (o autoestopista galáctico) e Robert Webb (o outro de Mitchell & Webb, ten sentido), e tamén por xente que, aínda que conozo, non me gusta particularmente, coma Sacha Baron Cohen ou David Baddiel (a quen, sin embargo, lle agradecerei mentras me acorde que compuxera esto), hasta chegar ós últimos (que eu seipa) en alcanzar a fama (son dous dos Inbetweeners): Joe Thomas e Simon Bird.
Por certo, curioseando na Wikipedia encontrei que Oxford ten o seu equivalente a Footlights: Oxford Revue. A lista de antiguos alumnos é moito máis corta, pero tamén moi sorprendente: Michael Palin e Terry Jones, Ken Loach, Richard Curtis, Armando Ianucci (moitos directores, polo que parece), e tamén Rowan Atkinson e... Katherine Parkinson (Jen!).

domingo, 8 de maio de 2011

Millor ca un sudoku samurai

Veña, cortita y al pie, un pequeno xogo de domingo pola tarde:
¿Reconoces a alguén neste video?
Supoño que non, pero que sí que te quedarías co nome do pseudo-experto "entrevistado": Chris Morris. O que pasa é que, a estas alturas, como muito, igual che parece que che sona de algo a súa cara, e pouco máis. Sin embargo, probamos con outra foto:

¿Millor ahora, happy now? (encántame que a foto diga "happy now?", é como si dixera "ahora sí, ¿non?")
Vale, non sigo con éste xogo, aquí tés a solución.

domingo, 24 de abril de 2011

Coma un truco de ilusionismo

- Pois tiña a habitación moi desordenada, entre outras cousas aínda tiña a maleta pequena aberta encima da alfombra desde que chegara da Coruña; e taba no medio e medio da habitación. E as outras dúas tamén andaban inzadas por ahí, creo que unha puxéchesma tu cando volviches de Brasil, e aparte había roupa na silla e encima da cama, e máis apuntes e tal.
Así que me deu por organizar algo e empecei polas maletas, que eran o que máis molestaba.
Collín a maleta pequena, vacieina e pecheina e abrin a mediana e metinlle a pequena dentro e despois pecheina tamén; e collín a maleta mediana coa pequena dentro e metina ou metinas na grande e despois pechei a grande e collina ou collinas e igual lle din unhas voltas á roda da contraseña e deixei a maleta nunha esquina, onde non molestase, e despois púxenme a recoller a roupa da cama
- ¿Cómo que igual lle diches unhas voltas á chisma da contraseña?
- O caso é que hoxe iba colle-la pequena...
- Coño, Noé...
- ¿Sabes cál é a clave?
- ...

Pasou unha estrela fugaz

De entre os blogs ós que estou suscrito hai soamente dous que non son nin de amigos, nin moi seguidos ou de referencia; é decir, que non teño ningunha razón en concreto para seguilos: basicamente, son personas normales, anónimas e perfectos extraños para min, pero un día coleime nos seus blogs sin que me vise naide e, como tampouco faigo muito ruído, eles siguen coas súas cousas e aínda non se deron conta de que tou alí.
A un cheguei por unha ventana fai uns tres anos, seguindo un link que se olvidaron medio adormecido na páxina da SER. Ao outro levoume Google o 26 de maio de 2008 cando estaba tratando de encontra-la cita exacta dunha viñeta do "Caderno de viaxe" de Craig Thompson.
O autor dun deles é un avogado madrileño dunhos 35 anos. Os do outro son dous irmáns, unha deles posiblemente informática, e poderían ser madrileños ou non, ter 35 anos ou igual 30. O avogado entrou na carreira diplomática fai un tempo e pode que esté destinado en Liberia e que sexa por eso que xa non escribe.
Os irmáns, sin estar na carreira diplomática, tamén levan unha boa ración de viaxes: viviron en Dublín e Berlín e viaxaron moito pola India, pero nunca deixaron constancia no seu blog de ter pisado Liberia.
Quere decirse con esto que non teñen por qué coñecerse de nada, que seguiron camiños moi distintos e moi separados na vida, e que é probable que o único vínculo existente entre eles na inmensidade sideral sexa eu.
Quere decirse con esto, tamén, que a miña maneira de chegar a eles foi o suficientemente errática como para que tivese chegado a calquer outro punto do espacio no seu lugar, e que as razóns polas cales me suscribín a eles non teñen ningunha lóxica; e que, por tanto, é unha demostración milagrosa, un feito único e sensacional coma unha alineación planetaria, que teña sucedido esto

venres, 15 de abril de 2011

Era un valente, e probablemente estivese tolo.


En 1933, Maurice Wilson despegaba de Londres na avioneta Ever Wrest disposto a realizar un voo en solitario a través de medio hemisferio ata chegar ó Tibet. De conseguilo, a súa travesía sería unha fazaña digna dos mellores aviadores da época, pero para el era soamente o principio do camiño: unha vez alí pretendía aterrizar a media altura do Everest e atacar en solitario o cumio da montaña, converterse no primeiro home no teito do mundo, triunfando onde todos antes ca el fracasaran.
Wilson tiña o brazo esquerdo practicamente inmóbil por feridas de guerra, nunca antes escalara nin coñecía os rudimentos técnicos básicos do montañismo nin tiña a equipación necesaria; tampouco tiña prácticamente experiencia de voo, aínda que na súa corta vida de piloto xa conseguira gañarse unha prohibición de voo por parte do Air Ministry inglés, e por si tódolos anteriores impedimentos non fosen dabondo, pretendía levar a cabo as súas dúas fazañas consecutivas mentras aproveitaba para materse de fame, de maneira planificada e sistemática.
Probablemente estivese tolo, pero era un home valente.

Entrara no exército ós 18 anos como soldado raso e durante a Primeira Guerra Mundial fora ascendendo rapidamente no rango ata licenciarse ós 21 co grado de capitán e medalla ó valor. Despois da Guerra pasara varios anos navegando sin propósito polo mundo deixando tras de sí unha serie de fracasos sentimentais e empresariais, cada vez máis deprimido, ata que finalmente, encontrándose en Australia sin ningún propósito na vida, decidiu que era momento de volver á casa.
O viaxe en barco dende Australia a Inglaterra durou varias semanas, nas cales trabou relación cos mariñeiros hindúes do barco, que pasaban as súas horas de descanso practicando o xaxún e meditando en silencio. Desencantado do mundo como estaba, as costumes destes mariñeiros fascinárono e cambiáronlle a vida: comezou a interesarse polas relixións orientais e a crea-las súas propias liturxias, mezclando o hinduismo coa súa propia herdanza cristiá.
Chegou a Inglaterra enfermo de tuberculose e convencido de que encontrara a resposta ós grandes misterios da vida. Para desesperación da súa familia, insistiu en que se curaría mediante oración e meditación, e negouse a recibir tratamentos médicos. Pasou os tres anos seguintes nunha loita constante de ida e volta: era internado pola súa familia en hospitais ou clínicas de repouso cando estaba moi débil e escapaba delas en canto gañaba algo de forzas.
Finalmente, en 1932 fugouse da súa casa. Estivo en paradeiro descoñecido durante dous meses, pero volveu á capital inglesa cheo de ánimos. Explicoulles que recibira o segredo da sanación mística dun misterioso gurú en Westminster, e que trala revelación fixera un viaxe iniciático a Gales. Alí rezara e practicara un estricto xaxún durante 35 días, e agora estaba curado e pletórico de forzas.
Afirmaba que o seu método recuperaría a enfermos terminais despreciados pola medicina occidental, e decidiu dedica-la súa vida a espalla-la noticia das súa fe.
Durante aquela época, o Everest  (o "terceiro Polo") era obxecto dunha pasión mediática semellante á que acompañara a conquista do Polo Sur dúas décadas antes. O Alpine Club e a National Geographic Society levaban anos financiando sucesivas expedicións cos mellores aventureiros do Reino para tratar de chegar á cima, e cada unha delas enchera as portadas de tódolos diarios da nación. As figuras de Irvine e Mallory, que morreran subindo ou ben baixando o Everest no 1924, entraran xa no panteón dos heroes nacionais á altura de Scott e os seus compañeiros.
Wilson decidiu aproveitar aquela moda para o seu beneficio: conquistaría o Everest para que o mundo vese de qué eran capaces os seus métodos.
Os seus preparativos foron esperpénticos e escasos. Comprou unha avioneta de segunda man e empezou a tomar clases, pero era tan mal alumno coma paciente e, aínda que finalmente acabou por obte-la licencia de piloto, fíxoo despois de moitos aterrizaxes forzosos e exames suspendidos. Este retraso, que debeu de exasperalo, deixáballe sin embargo moito tempo libre, fóra das clases, para ocuparse do problema da escalada.
Non o aproveitou: sin ter comprado equipación especial nin manifestado a máis mínima intención de aprende-los procedementos básicos da escalada, tras un mes de acampada no Lake District (no que se encontra o pico Scafell, ó que os seus case 980 metros de altura lle conceden o rimbombante título de montaña máis alta de Inglaterra) declarouse preparado para o reto do Everest.
Fixo antes un último preparativo, probablemente pensado máis que nada para atraer publicidade á súa causa: un domingo pola mañán lanzouse en paracaídas sobre Londres, e aterrizou tranquilamente en Hyde Park, ante a sorpresa dos paseantes. O interés da nación comezou a volcarse naquel excéntrico fillo de muiñeiro que, co seu extraño misticismo e a súa escasa preparación, pretendía triunfar onde fracasaran Irvine e Mallory.
Así que, cando a finais de Abril do 1933 Maurice Wilson despegou na avioneta Ever Wrest, fíxoo con periodistas cubrindo o acto, e un numeroso público que fora a despedilo ó aeroporto. Por desgracia estrellou a avioneta nun prado en Fairfield menos dunha hora despois.
O aparato non sufriu grandes danos e puido ser arranxado, pero a noticia chegou ata o Air Ministry, que lle prohibiu volar porque era un accidente con alas e constituía un peligro, como mínimo, para sí mesmo.
Claro que nin siquiera unha prohibición por parte do goberno iba a frenalo. Tres semanas despois o avión estaba reparado e Maurice Wilson, místico, tullido de guerra, sin idea de escalada, piloto aficionado como muito, inaugurou a súa nova condición de prófugo da xusticia despegando outra vez na (recién parcheada) avioneta Ever Wrest en dirección á gloria.


REFERENCIAS:
"Wing and a prayer", de Martin Gutmann
"Sublimar lo imposible" de Mauricio Fdez. del Castillo

domingo, 26 de decembro de 2010

De librerías por Santiago


Saquei un par de fotos de cousas que me chamaron a atención; cólgoas aquí porque non sei qué facer con elas (nin co blog, francamente)
A primeira está colocada encima da porta da librería Follas Novas: é un extracto de 2666, de Roberto Bolaño. Non se ve en absoluto pero é a páxina 241, e hai unha frase destacada en rojo:

"Buscó en la primera página y en la última y en la contraportada alguna señal y encontró, en la primera página, la etiqueta cortada de la librería Follas Novas, S.L., Montero Ríos 37, teléfonos 981-59-44-06 y 981-59-44-18, Santiago"
Cánto mola que te cite Bolaño, sobre todo en 2666. Aínda que seña na parte de Amalfitano.
Por certo, o Testamento Geométrico de Dieste (que era o libro que tiña a etiqueta cortada de Follas Novas) téñoi na casa desde fai anos. Acordome de oírlle a meu pai que estaba moi orgulloso de coñecelo, porque moita xente de letras tería e incluso estudiaría ou reverenciaría e faría moita festa cos demáis libros de Dieste, pero éste era un secreto casi seu, de matemática pura. Hasta que saliu en 2666, claro.

A segunda foto, sacada no escapatare da Abraxas, é unha pegatina na portada de "Papeles inesperados" de Cortázar (¿chamábase así?), unha recopilación de relatos e descartes doutros libros publicada en 2008
A historia coa que vende-lo libro estaba clara: relatos inéditos atopados nalgún desván vintepico anos despois da morte do autor, xoias perdidas e reecontradas (de ahí o seu nome); e supoño que funcionou razonablemente ben, dado que agotaron dúas edicións en pouco máis dun ano.
Claro que agora deberían buscarse outra.



xoves, 4 de novembro de 2010

O divertido mundo da Empresa. Comentario a posteriori

Estaría millor Luis Aragonés.

O divertido mundo da Empresa

Sale na prensa hoxe a noticia, rebotada de europa press, de que Vicente del Bosque foi nombrado membro do Consello Consultivo de Iberdrola en Castilla e León.
Hai cousas que caen de caixón nada más ler o titular, como que o Consello Consultivo non pinta nada en Iberdrola, tén toda a pinta de ser unha reunión anual de xente coa que Iberdrola quere quedar ben. Ou dito coas súas palabras:

"Entre sus actuaciones al respecto, IBERDROLA ha creado los denominados Consejos Consultivos, que operan en zonas geográficas relevantes para la empresa y están integrados por los máximos representantes de importantes grupos industriales y financieros de estas zonas.Los principales objetivos de estos Consejos son compartir proyectos empresariales, intercambiar experiencias de gestión e innovación, y canalizar nuevas iniciativas que contribuyan al desarrollo de las respectivas regiones."

É dicir, nada, o de sempre, invitalos a comer. Membros do Consello Consultivo de Iberdrola en Castilla León son, por exemplo, os presidentes dos grupos Siro, Antolín e Helio, e os máximos responsables de Caja Duero e Caja España, según a mesma noticia de ep.
¿Que por qué quere Iberdrola quedar ben con del Bosque? ¿Por qué darlle un sillón que estaría destinado, qué sei eu, ó presidente de Cámara de Comercio de Zamora, ou a algún ex-alcalde que sexa amigo do Conselleiro de Industria?
A mesma noticia lanza ideas nunha certa dirección: encaje en el entorno, personalidades del ámbito social, humildad y trabajo en equipo... Outros medios afinan máis, coma o Diario Crítico:

"Cabe recordar que este órgano, constituido en junio de 2002, está formado por relevantes personalidades de los ámbitos económico, financiero y social de Castilla y León y pretende conocer de primera mano la realidad de la región, intercambiar información y contrastar opiniones, todo ello con la finalidad de estrechar aún más las relaciones Iberdrola con este territorio."

Vale, pois moi ben, non compro o de que del Bosque teña puñetera idea da realidade da región, e teño certa confianza nel, así que supoño que non se vai a poñer a contrastar opinións, pero xa nos facemos a imaxe mental do que pensaría o Presidente de Iberdrola cando lle ofreceu o cargo, algo así como "del Bosque é salmantino e despois de todo Iberdrola xa é o patrocinador principal da selección, apodemos dar un paso máis un paso máis na dirección... e recoñecemento de marca e humildade castellana".
Visto así, todo tén sentido, misterio explicado, non hai nada que obxetar. Moi ben, pero agora volvamos ó principio:

"Vicente del Bosque foi nombrado membro do Consello Consultivo de Iberdrola en Castilla e León"

Joder, falla algo. Pensei que o tiña controlado, pero sígueme fallando algo. Esto non é un anuncio da tele, non é un logo nunha roda de prensa, un Consello Consultivo dunha multinacional sona mui serio para meter nel a un entrenador de fútbol, aínda que seña un entrenador de fútbol mui serio.
Na mesma noticia que citei antes do Diario Crítico, hai un aparte sobre as declaracións que fixo o Presidente da empresa diante do Consello:

"El Presidente de Iberdrola ha informado al Consejo Consultivo de Castilla y León que, para el conjunto de 2010, la Compañía espera incrementar el Ebitda y el beneficio neto recurrente como consecuencia de la mejora prevista del entorno, con una estabilización de la demanda, el aumento de la capacidad instalada del Grupo, las mejoras de eficiencia, la adecuación de las inversiones al cash flow generado, la titulización del déficit de tarifa en España y la mejora de la deuda. Esto permitirá a la Empresa mantener o incluso mejorar el dividendo. "


Bueno, pois eso, igual sólo me sona ridículo a min, pero del Bosque estaba alí. Na reunión. Falando do Ebitda da compañía.

Sobre os apellidos.

Creo igualmente, pola mesma razón, que os Rodríguez Gacio, Martínez Alfonsín, Sánchez Rilo, González Costas, Fernández Amoedo; e incluso Rodríguez Zapatero, ou López Orozco, se apellidarían distinto se os seus pais tivesen podido elexir.

E é que, salvo casos particulares, teño a impresión de que cando a xente escolla a orde dos apellidos, faráo seguindo dúas ideas básicas:
  • Preservar o apellido enxebre (ou extraño ou carismático, ou como lle queirades chamar)
  • Respetar a orde tradicional dos apellidos (supoño que esta será unha opción minoritaria e decrecente no tempo, pero contémploa como moi probable)
E ahora vén a pregunta: ¿será este o inicio da fin dos Fernández e dos López? ¿empezaremos a sufrir unha inflación de Ramalleiras, Turnes e Delaiglesias?

Sobre os apellidos. Comentario previo.

Asumo que, aínda que meus pais puidesen ter elexido no seu momento, eu apellidaríame aínda así Ramalleira Fernández, porque tratarían de preservar o apelido especial frente ao outro.
Supoñendo que meus avós poidesen ter escollido tamén, meu pai apellidaría Ramalleira igual, pero miña mai probablemente fose Cid e non Fernández, pola mesma razón.
Nese caso, conocéndoos, imaxino que non serían capaces de poñerse de acordo, así que me acabaria chamando Noé Cid Ramalleira. Ainda que igual entonces me poñían outro nome...