venres, 11 de outubro de 2013

Pero son tan tontos, Lamia

Chapotea con algunha metáfora na orilla mentres tararea unha rumba, pero ata que se pon a falar de si mesmo non solta a man e comeza en serio a escribir. Enumera tódalas cousas que fixo durante as vacacións coma nunha redacción de colexio: foron moitas e foron pretenciosas, mediterráneamente.
Despois fala da volta ó traballo: dedícanlle artigos, empezou a colaborar coa revista en papel e as lectoras mándanlle fotos en bikini lendo a súa columna... E entre o ben que lle foi e o ben que lle vai, burla burlando acábaselle o texto. Sic transit gloria mundi, qué queren que lles diga.
E eso que os fai largos. Máis do que deberían ser, por cierto, porque sustitúe as comas por puntos e aparte. Non sei cómo vai facer para meter un texto de 310 palabras no espacio dunha columna, van ter que empezar a publica-la revista en formato rollo. Ou fará columnas de dez palabras en 30 líneas.
Serán haikus.

Haikus del centeno.

Con fotos de modelos subidas en Lambretta.

Sobre gin tonics en Santander e amores de verán.

(Suspiro)

Ningún comentario: