martes, 1 de outubro de 2013

My week in radio, in non-twittable-sized bites

Levo unhos días escuitando a radio sin naide con quen comentala, e encontreime cunha serie de textos sin moita importancia que por tamaño non podía twitear sin resultar pesado. Ocurríuseme publicalos aquí, dunha que teño o blog.
Igual o convirto nunha sección habitual. Posiblemente non, coñecéndome. En fin, en todo caso disculpen as molestias:

Escuito a Simeone decir: "Para ganar en el Bernabeu tenemos que dar el 110%", pese ó cal parece estar convencido de presentarse.
Pola miña parte agradézolle que, nesta epoca na que a expresión está sobreexplotada e extenuada, me dé unha oportunidade de decir que esta usando as porcentaxes literalmente por encima das súas posibilidades.
Literalmente, por certo. Qué gustazo. (Escribo, mentras aínda me pregunto si poido usar o adxetivo "extenuada" referido a unha expresión. ¿E por cierto, adxetivo ou adxectivo? Poesía eres tú, supoño)

Repasando unha sesión parlamentaria, dixeron no Hora 14 do mércores que nela "la oposición acusó a Fatima Bañez de tomarles literalmente el pelo". Entendo que o que pretendían decir é que a oposición acusara a Báñez, literalmente, de tomarlles o pelo. Weirdly enough, no audio que acompañaba o titular un diputado da oposición acusaba a Bañez, casi literalmente, de tomalos por débiles mentales. 

"Cuando hay que elegir entre sufrir o la nada, sólo los cobardes eligen la nada", dixo hoxe Cospedal. Non poido evitar que me sone a comentario sobre o suicidio.

Debatian hoxe na Ventana, falando da Transición, si o tan cacareado consenso é intrisecamente bon. O debate non deu para moito porque todos se puxeron de acordo, bastante rapidamente, en que non.
Cando o tema languidecía, Cristina Fallarás arrancouse moi indignada a defender, coma todos os demáis, que o consenso era malo, pero con verdadeira pasión, citando incluso ós mortos da Guerra Civil. Un sensacional ataque de coherencia.

Ningún comentario: