luns, 4 de agosto de 2008
Por aclamación popular, novo Persoeiro Mediano da Humanidade: Hoxe, Thysanopoda
Abre esta entrada a que probablemente sexa única imaxe que existe no mundo do disco de debut de Thysanopoda, alcume da cantante e actriz norteamericana Pamela Brown (Greensboro, Carolina do Norte, 1 de Abril de 1950- Birmingham, Alabama, 28 de Decembro de 1977).
Brown naceu no seo dunha familia moi modesta e relixiosa en Carolina do Norte, que a educou nunha férrea disciplina moral, e dende moi pequena participaba no coro da súa congregación baptista. Con apenas 15 anos foi descuberta polo reverendo presbiteriano John W.Rice Jr. quen según conta a historia iba de camiño a Carolina do Sur cando se lle pinchou unha roda do coche, xusto diante da igrexa onde ensaiaba o coro liderado pola pequena Pam, e quedou impresionado por unha interpretación súa de "Goodnight Irene".
Pouco despois trasladouse co permiso da súa familia á cidade de Birmingham, Alabama, onde o reverendo Rice dirixía o Westminster Presbiterian Church Choir, probablemente o máis importante coro de gospel do sur dos EEUU na época. El acolleuna na súa propia casa, onde fixo moi boas migas coa súa filla maior, Condie, prácticamente da súa mesma idade.
Baixo o auspicio da familia Rice, convertida na solista principal do WPCC e nunha das máis grandes belezas da cidade (a diferencia da súa íntima amiga, que era máis ben fea), Pamela Brown chegou á maioría de idade coma unha rapaza feliz e chea de esperanzas. Sin embargo, en 1968 recibiu un duro golpe, xa que os seis pais morreron durante unha visita turística ó monte Rushmore, ó caérselles enriba un pedazo do bigote de Theodor Roosevelt.
Brown caeu entón nunha depresión moi forte, manifestando constantes episodios de ira, chegando nunha ocasión a lanzarse nunha patada voadora dende o atril sobre unha das fieles do pastor Rice que botara unha chapa de Coca-Cola no cepillo parroquial. O reverendo, preocupado, tratou de internala nun hospital psiquiátrico, pero o 1 de Xulio de 1969 Pamela escapouse de Birmingham, colándose coma polizón nun autobús da compañía Greyhound.
Desembarcada na cidade de Reno tras ser descuberta, continuou a súa fuga durante un mes, movéndose por estradas secundarias e roubando sucesivos coches que deixaba abandoados tras poucos quilómetros, así como pequenos bancos ou oficinas postais. A súa carreira delictiva, uns vinte atracos en total, coincidiu no tempo coa estrea da película "Easy Rider", o cal lle procurou unha fama instantánea entre a xuventude da época.
Chegou a entrar na lista dos máis buscados do FBI antes de ser detida o 8 de agosto, nunha espectacular persecución polas rúas de San Francisco que rematou ó atropelar mortalmente a un obreiro que transportaba unha lámina xigante de cristal.
Tras un xuízo moi polémico, foille diagnosicado unha personalidade bipolar, e foi internada no psiquiátrico penitenciario Fletcher Memorial Home, no cal publicou as súas memorias, rápidamente vendidas a Hollywood. Asimesmo, tamén grabou o seu disco, "Real without pleasure", baixo o pseudónimo de Thysanopoda, que tomou do nome das súas pastillas.
Saliu do hospital psiquiátrico cinco anos despois, en 1974, convertida nunha celebridade. Trasladouse a Hollywood, onde comezou unha carreira cinematográfica, que consistiu básicamente en musicales de xénero blaxploitation, coma "Foxy Jones in Wheels on Fire" (1975), a película que narraba a súa propia historia, ou "The Bride of Blackula"(1975), que xa non tiña nada que ver con ela.
Nas constantes festas que daba na súa mansión, a menudo con invitados coma Julius Erving ou Sidney Poitier, comezou a desenrolar unha adicción á bebida, que se uniu á súa dependencia da Thysanopoda e do Agar-agar, e finalmente fixo que morrese nas navidades de 1977, cando estaba en Birmingham pasando as festas coa súa familia, á temprana e fatídica idade de 27 anos, convertida finalmente nunha figura de culto funky.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
Y no tendrás por casualidad ese cd no? Si no a ver si encuentro algo por internet. A ver si encontráis algo bien de precio para veniros a München, que seguro que te va a gustar la ciudad, y cambias Guiness por Franziskaner.
Publicar un comentario