sábado, 14 de xuño de 2014

Un volcán extinto na Antártida

Vén do capítulo anterior
Versión en castelán aquí

O monte Terror recibe ese nome tan apropiado para un conto de Lovecraft polo HMS Terror, o segundo barco da expedición de James C. Ross(1) o Ross do Mar, a Barreira de Xeo e a Illa homónimas—; quen, posiblemente despois de constatar o pouco práctico que resultaba poñerlle o seu nome a todo aquelo que a súa vista abarcaba, lle dedicou dous dos volcáns da súa illa ó Erebus e Terror, as naves da súa expedición; e aínda despois un mísero cabo na base do Terror (monte) ó seu suposto mellor amigo, Francis Crozier, capitán do Terror (barco).
Dice Ander Izagirre en "Groenlandia cruje" que todos temos na casa un mapa de Groenlandia: basta con mirar un folio en blanco. Poño esta cita aquí porque me parece divertida, pero sobre todo porque é unha representación moi boa da imaxe mental que tiña Antártida antes de poñerme a escribir este texto: un folio en blanco, plano, liso e impoluto; ou acaso un montón deles, acumulándose ordenadamente, cada capa encima da anterior, por los siglos de los siglos
Sin embargo, o xeo forma correntes, igual cá auga líquida, que flúen por gravidade desde o centro do continente, seguindo a súa topografía, ata desembocar nas grandes barreiras flotantes da costa, coma a de Ross, na que unha lengua de xeo recente formada por decenas de glaciares e que ocupa miles de kilómetros cadrados de extensión avanza, pesada e constante, afundindo ó seu paso as capas inferiores(2).
Esto fai que a base da barreira entre en contacto con correntes profundas de auga máis quente e se funda, provocando a maioría da renovación do xeo; pero unha parte acaba desembocando no mar mediante un impresionante acantilado de ata 50 metros de altura(3), non tanto un muro de xeo coma unha catarata(6) da que constantemente se desprenden icebergs, que se extende 600 kilómetros ó Este da illa de Ross.
Practicamente o único obstáculo que encontra ó seu paso esa lenta riada no seu camiño ó mar é o cabo Crozier, un brazo de terra no extremo oriental da illa de Ross, á sombra do Terror, que a estas alturas xa non debería estar alí. O xeo acumúlase coa forza seca e simple das reglas da natureza cumplíndose sobre el, e prodúcese unha batalla sorda entre a lengua de xeo e o monte Terror, 3.000 metros de volcán resistindo de pé un empuxe avasallador, coma un árbol no medio dunha riada. Ademáis desa violencia soterrada, que provoca ruxidos e temblores, o vento nesa zona é un dos peores da Terra, hai tormentas constantes e un mar que bate con forza sobre as covas e crevasses nos acantilados de xeo, desprendendo témpanos enormes que caen con estrépito dende as alturas.
Cherry escribe que o cabo Crozier é "the kind of place where giants have had a good time in their childhood, playing with ice instead of mud -so much cleaner too!", o cal, francamente, destroza a ambientación que estaba conseguindo no párrafo anterior. Deixádeme que copie un fragmento de "Hacia el Polo", de Fritjof Nansen, que estrictamente non ten moito que ver pero é máis grandioso:
"La lucha de hielo contra hielo es, sin duda, un espectáculo extraordinario. Se siente uno en presencia de fuerzas titánicas.
Al comienzo de una gran presión parece que todo el globo ha de conmoverse con tales choques. Primero se oye como el retumbo de un terremoto muy lejano, luego el ruido se acerca y estalla a la vez en diversos puntos. Los ecos del gran desierto de nieve, hasta allí silencioso, repiten ese mugido con estampidos de trueno, los gigantes de la Naturaleza se preparan para el combate. El hielo cruje por todos lados, se rompe y se amontona formando torosses y, de repente, os encontráis en medio de esa lucha espantosa.
Todo rechina y muge, el hielo se estremece cuando pisáis; por todas partes terribles convulsiones. Envueltos en tinieblas, veis subir los témpanos como montañas, y acercarse a vosotros como olas amenazadoras. Fragmentos de cuatro o cinco metros saltan al aire en esas colisiones, y montan unos sobre otros o caen pulverizados... Ahora os envuelven por doquier masas de hielo móvil prontas a desplomarse sobre vosotros. Para libraros de su estrujón mortal os disponéis a huir; pero delante de vuestros pies cede el hielo, se abre una negra sima y el agua fluye a oleadas por la abertura. Si queréis escapar en la otra dirección, a través de la oscuridad distinguís una nueva cordillera de moles que avanzan hacia vosotros. Buscáis otro paso y encontráis cerrada toda salida."
En 1902, unha partida de exploradores da Discovery que inspeccionaba a cara Norte do Crozier baixo o mando do teniente Skelton descubriu unhos puntos negros movéndose torpemente nunha pequena plataforma de xeo recente ó pé dos acantilados da Barreira, aproximadamente 200 metros baixo o cabo. Observándoos con maior precisión os días seguintes, déronse conta de que aquel pequeno e fráxil remanso nun campo de batalla entre xigantes fora o lugar escollido polos pingüinos Emperador para establecer a súa única colonia coñecida no mundo. 

Continúa no capítulo seguinte

REFERENCIAS
"El peor viaje del mundo" de Apsley Cherry-Garrard
"Scott's Last Expedition" de Robert Falcon Scott(6)
"Hacia el Polo" de Fritjof Nansen
  
(1) Un dos financiadores da expedición foi, I'm delighted to say, Sir Francis Beaufort, moi apreciado neste blog por dar nome a unha escala de medición da forza do vento que non inclúe velocidades, pero sí observacións empíricas curiosamente específicas, coma "o vento nótase na pel destapada, susurran as follas dos árboles e empezan a moverse os muíños" (light breeze), ou "axítanse as follas e ondean as bandeiras" (gentle breeze).
(2) Así que, coma os colmillos dos mamuts, os esqueletos dos corales e en xeral moitas outras cousas, as capas de xeo sirven para medi-lo paso do tempo. Leín o resumen dun paper no que falaban dun glaciar seco fai 250 anos que descubriran na Barreira de Ross ó detectar mediante radar grietas de presión baixo o xeo, e puideran datar tendo en conta o grosor do xeo sobre elas.
(3) En 1841, James C. Ross adentrouse no que pensaba que era unha placa de xeo marino(4) pegada á costa, pero descubriu que esta banquisa formaba soamente un anel, e ó outro lado había un mar libre que entraba 800 kilómetros no continente conocido ata entón. Continuou por el en dirección Sur ata que se encontrou coa barreira de xeo (á cal, supoño que merecerá a pena que o aclare nalgunha parte, non foi el quen decidiu chamarlle "de Ross"). "Well", escribiu no seu diario, "there's no more chance of sailing through that than through the cliffs of Dover". 
(4) O descubrimento foi, por certo, un tanto casual: solo decidiu explorar aquela zona de costa porque a que tiña planeada orixinalmente estaba xa ocupada por unha expedición francesa, comandada por un señor moi parecido a Colin Firth que despois acabaría comprando para Francia a Venus de Milo; e outra americana, cuios achádegos foron a base inicial do que agora é o Smithsonian. Ambas expedicións cruzábanse entre sí e facíanse maniobras evasivas, e tal, así que Ross decidiu irse investigar onde non o molestasen.
(6) O libro dos diarios de Scott foi editado por Leonard Huxley, biólogo evolutivo apodado "o bulldog de Darwin". Merece a pena apuntar que Huxley foi pai, aparte do famoso Aldous, de Andrew Fielding Huxley, non tan famoso pero laureado co Nobel de Medicina en 1963, so there's that; e de Julian, inventor dos gorros de papel albal cos que se representa sempre ós conspiranoicos, ademáis de primeiro secretario general da UNESCO. O primeiro responsable de ACNUR foi Fridtjof Nansen, por certo, a quen non paro de mencionar neste blog coas excusas máis peregrinas.