Amosando publicacións coa etiqueta Cabeça. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cabeça. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de xaneiro de 2014

Aprendamos sobre a formación da oleaxe de vento con Cabeça de Vaca

O vento empeza a soplar sobre un mar perfectamente en calma. Absolutamente en calma, como unha vaca esférica (igual é bon momento para aclarar que non teño demasiada idea, alas, de cómo se forma a oleaxe de vento). Cada ráfaga xenera unha subpresión xusto despois de pasar, que a nivel microscópico fai que as partículas superficiais da auga se eleven e despois teñan que rectificar, coma o pequeno volantazo que das cando te adianta un coche ó doble da túa velocidade na autovía porque estás ocupado tratando de recordar si vas no sentido correcto. Ata aquí estou bastante seguro. O volantazo das partículas superficiais xenera unha microvibración, e o monstruo empézase a desperezar.
 "Naquela mesma noite en que chegamos vieram algums índios até Castillo e lhe disseram que estabam muito doentes da cabeça, rogando que os curasse. Depois que os benzeu e encomendou-ou a Deus eles disseram que estavam completamente curados. Foram até suas casas e trouxeram muita tuna e um pedaço de veado, coisa que não sabíamos o que era. "
E estase producindo o mesmo fenómeno nas partículas inmediatamente próximas, pero cun desfase, porque o vento circulou sobre elas un diferencial de tempo despois. Igual subpresión, igual vibración, iguales amplitude e periodo e un lixeiro desfase: temos unha onda.
"Como a notícia logo se espalhou entre eles, (...) vieram outros enfermos para que nós os curássemos. Cada um trazia un pedaço de veado e eram tantos que não sabíamos onde colocar tanta carne. (...) Todos festejaram e dançaram até o raiar do so. Foram três dias consecutivos de festejos com a nossa chegada."
Ou algo así, francamente; a estas alturas xa encontro many a pigeonhole na teoría. Por exemplo, ¿móvense porque se repite o mesmo mecanismo, ou porque a auga é un medio contínuo e ó moverse unha partícula arrastra ás do lado?
O caso é que a ola avanza sin espera-las nosas explicacións, e como o vento sigue soprando propágase cada vez máis amplia, movendo grandes cantidades de auga, arrastrando profundidades con ela.
"Passado mais um dia, partimos dali, acompanhados por toda aquela gente, chegando até onde moravam outros indios. Estes nos receberam muito bem, nos dando carne de veado (...). Como aconteceu nos demais lugares, bastava nós fazermos uma oração junto a eles que já se diziam curados."
Chega á costa co ruxido dun monstruo e, cando a profundidade do leito mariño cumple a relación apropiada coa altura de ola significante, rompe sobre a area en gimnástico dibujo en el aire ou estalla sobre as rocas con autoridade, sin dar explicacións, inapelable coma unha avalancha ou unha reacción nuclear en cadea.
"(C)ontinuamos sendo bem recebidos, porém aqueles que nos acompanhavam começaram a saquear as casas dos que nos recebiam e tomar todos os seus pertences (...). Os própios indios que perdiam suas terras e casas (...), vinham nos consolar, dizendo que estavam muito felizes só por ter-nos encontrado e que mais adiante seriam recompensados por outros (...). A partir daqui houve uma mudança no hábito de receber-nos (...). Quando chegávamos nos lugares, as pessoas que vinham nos receber já nos ofereciam tudo que possuíam, inclusive suas casas (...). Aqueles que entregavam as suas coisas quase sempre nos seguiam, com o objetivo de na próxima parada receber alguma compensação."
Así se comportan os indios según Cabeza de Vaca. Unha marea que sube e entra nas casas polas ventanas ou estalla violenta contra as paredes. Difíciles de entender ou de explicar pero inevitables, coma un fenómeno físico ante o cal solo se pode encolle-los hombros e deixalo pasar.



REFERENCIAS:
"Naufragios y comentarios", de Álvar Núñez Cabeza de Vaca 

venres, 27 de decembro de 2013

Cabeza de Vaca nas Cotovías

Estou en Lugo, así que hoxe póidovos copiar directamente de Naufragios en lugar de oir campanas ao lonxe e contarvos mentiras piadosas coma antes. Ocorre que por estes azares da vida a miña copia do libro é unha edición brasileira, así que tódalas citas van estar en portugués, xa me perdonaredes; podedes imaxinar que as pronuncia un Cabeza de Vaca confuso, que viaxou demasiado no tempo e tén problemas de time lag:
"Naquela ilha costumam curar as enfermidades soprando o doente e passando a mão sobre ele. Tentaram fazer isso conosco e nós nos ríamos muito, o que os deixou zangados."
Si lle preguntades ó Cabeza lusista, diravos que a ilha en cuestión era a de Mal-fado, á cal fóra do meu libro os españois chamaron del Malhado, e en xeral coñecemos como Galveston, TX; por Gálvez Town, por outra parte, así que a ver quén convence a Cabeça de Vaca de que fai mal en chamarlle do Mal-fado.
Galveston, por certo, é a cidade natal de Barry White, quen en realidade se chamaba Barry Carter, porque se ve que nesta illa do infortunio os nomes non valen ren. É un laberinto de espellos no que nada é o que parece, e os nativos despertan a cada día falando cun acento distinto, vacíos de significados, e inventan un novo nome para o sol, o mar e a illa, nas súas voces graves e sensuais.
En todo caso, como vedes cando os nativos lles ofreceron axuda ós españois, estes despreciárona e ríronse deles. Non foi moi educado pola súa parte, pero o de soprar nas feridas e impoñer  mans tampouco tiña moito sentido.
Pero qué ten sentido en Galveston, onde os nomes non significan nada e todos retozan e disfrutan coma se ó día seguinte cada persona se despertase sendo completamente distinta e non houbese consecuencias; onde son incapaces de acumular sabiduría dunha xeración a outra porque ó durmir olvidan o nome de tódalas enfermidades, coma unhos peixes de cores, coma unhas cotovías, e solo poden soprar e xunta-las mans e esperar un milagre.
Os soldados españois, donos do mundo, futuros Conquistadores, ríanse con superioridade dos indios de Galveston porque eles contaban co máis avanzado coñecemento médico europeo. Incluso Cabeza de Vaca, co time lag que sufre, non pode evitar sorrir mentras recorda as supersticións dos indios e escribe as seguintes liñas:
"O que o médico costuma fazer é uma incisão no lugar dolorido, chupando ao redor dela. Costumam também fazer cauterização com fogo (...). Depois disso, sopram no lugar que dói e acreditam que com isso afastam o mal. Nós os curavamos benzendo-os, rezando un Pater Noster e uma Ave Maria, e rogando a Deus Nosso Senhor que lhes desse saúde."



REFERENCIAS:
"Naufragios y comentarios", de Álvar Núñez Cabeza de Vaca

martes, 19 de novembro de 2013

Cabeza de Vaca, Currículos Vitae, unha colección de periódicos e viaxes no tempo.

Álvar Núñez Cabeza de Vaca formaba parte dunha flota de cinco naves e uns 600 colonos que saliron de España en 1527 coa ambición de conquistar Florida e establecer como gobernador ó seu lider, Pánfilo de Narváez, cuio nome, admitamos, non invitaba ó optimismo.
Menos aínda o facían, por outra parte, os seus antecedentes. En 1518 fora enviado polo gobernador de Cuba para frenar a Hernán Cortés, que pretendía conquistar México sin permiso do Rei, e non soamente fracasara pese a superalo en número, perdera un ollo e fora feito preso durante dous anos, senón que no proceso introducira a viruela no continente americano.
De todas formas nosoutros tíñamos unha vaga idea de que os españois conquistaran América con moita facilidade e foran reverenciados como deuses, e ademáis sabiamos que Cabeza sobrevivira para narra-la súa historia (nun libro chamado, por outra parte Naufragios); así que ó principio non lle dimos moita importancia a tódalas desgracias coas que iban tropezando. Sobreviviron desercións masivas e dúas tormentas tropicales antes incluso de tocar continente americano, pero seguimos adiante, asumindo que á larga serían pequenos problemas, dando por descontada a conquista de Florida.

Fai unhos anos, por cousas da vida, acabei xuntando nunha esquina da habitación un montón de números do País. A forza de ver medra-lo montón semana a semana foime percolando a idea de que estaba acumulando algo importante, creando un mapa do mundo. No tempo que me levaba pasar unhas follas, Obama era presidente dos EEUU ou simplemente un candidato que lle podería dar guerra a Hillary Clinton. Bardem estrenaba unha película dos Coen e gañaba o Óscar por ela uns minutos máis tarde. Ata media altura do montón non había iPhones, por increible que pareza, e unhas páxinas máis abaixo xa non existía Lehman Brothers e Sarkozy iba reinventa-lo capitalismo.
Ó final tuven que tirar os periódicos, evidentemente, pero non podía mandar todo á basura sin máis, tiña nas mans a explicación da burbulla inmobiliaria e da crisis da socialdemocracia europea, o boom de Facebook, a morte de Sadam Hussein. Decidín repasa-la pila enteira e refinala, salva-las noticias máis importantes e os mellores artigos.
Pero cando acabei aínda quedaba unha cantidade considerable de recortes e follas soltas, e non sabía moi ben qué podía facer con elas, así que pensei que o único camiño válido era hacia adiante e a única maneira honesta de nadar era mar adentro: seguiría depurando, conservando desta vez soamente as noticias que tiveran cambiado o mundo, solo os fragmentos máis redondos dos mellores artigos e reportaxes. Podería ter seguido ata quedarme solo cun pronome ou cun signo de admiración como resumen final de 2007, pero nalgún punto daquel proceso continuo de refino dinme conta de que o único que estaba a facer era tirar moi rebuscadamente os periódicos ó lixo.
De igual maneira, en "Naufragios" ós españois íbanselles caendo trozos da súa brillante armadura de Conquistadores con cada ataque indio pero eles seguían adiante, derrota a derrota, acumulando heroismo de cara a victoria final, converténdose a poucos nunhos pobres infeliciños perdidos a medio mundo de distancia da súa casa e coa necesidade de alguén que os rescatase.
Finalmente, a balsa na que iba Cabeza de Vaca separouse da de Pánfilo, que desa maneira desapareceu do libro para non volver, e cando Cabeza tocou por fin o Novo Mundo, terra de oportunidades e futura home of the braves, foi capturado sin solución de continuidade pola primeira tribu de nativos que pasaba por alí.
A veces téñome preguntado para qué serviría unha máquina do tempo que solo se movese hacia adiante. ¿Pensástedelo algunha vez, qué utilidade real tería unha máquina coa que soamente poidésedes facer fast-forward da vosa vida?
Por exemplo, si a Cabeza de Vaca de súpeto lle entrase unha inspiración divina, descubrise cómo facer milagros e pegase un salto no tempo de sete anos, veríase aínda nas mans dos mesmos indios que o acababan de capturar. Descubriría que a súa vida mellorara, que non o trataban mal e incluso confiaban dabondo nel para empregalo coma diplomático ou comerciante coas tribus veciñas, pero ¿qué gañaría con eso? Foran os sete anos de sufrimento e traballo os que o permitiran chegar ata alí, e seguiría tendo que pasar por eles.
Nosoutros, sin embargo, podemos saltaricar coa lixeireza que queiramos pola súa vida. Témolo facil: caen dictadores e gáñanse Copas do Mundo ó pasar unha páxina. Unhas cantas follas máis adiante, encontrarémolo embarcado hacia España despois de camiñar desde Florida a Cidade de México, e cunhas ganas tremendas de chegar: naquel momento era un noble relativamente rico, veterano na rexión e que sobrevivira heroicamente a sete anos de cautiverio; estaba nunha posición inmellorable para que o Rei o nombrase Gobernador de Florida.
Pero o barco que o levaba soamente parou nas Canarias antes de volver directamente a América, así que Cabeza de Vaca veuse retido en Tenerife sin posibilidade de chegar a Madrid nun par de meses. Tal vez desexase saltar no tempo, pero como non sabía facer milagros decidiu aproveitar os meses que tiña que estar alí para escribir a crónica das súas aventuras coa aspiración de facer méritos en Corte para reclamar o posto.
Así que temos a Cabeza nun doble punto espacio-temporal: por un lado deixáramos marcado cun dedo unha páxina do libro na que sobrevivía moi frugalmente, apoiado na súa inquebrantable fe e traballando como mercader en Florida; e por outro, leémolo uns anos máis vello e en Canarias, describíndo cómo comerciaba cunha tribu rival, para demostrar as súas dotes diplomáticas, cando un compañeiro seu recibiu un flechazo, porque era tamén un home capaz de afrontar perigos.
Visto coa perspectiva que da ser viaxeiros no tempo, a verdade é que o libro iba resultando sospeitoso conforme o líamos, porque Cabeza de Vaca non paraba de acertar continuamente, dando os consellos máis adecuados para que despois Pánfilo os desperdiciase e todo fora invariablemente mal unha e outra vez. De todas maneiras non estaba facendo outra cousa que decora-lo CV ata entón, nada grave: coñecementos de informática, inglés medio... Pero nese momento, mentras observaba o Teide buscando algunha palabra que se lle escapara, decidiu que in for a penny, in for a pound: si solo tes unha oportunidade de venderte ben diante do Rei, máis che vale non quedarte corto. Así que pegou un salto temporal a cinco anos antes, taponou coas mans o corte do seu amigo, rezou un Padrenuestro e, ó levantalas, a ferida milagrosamente desaparecera.
E desa maneira, despois de sete anos pasando penurias entre os nativos tempo durante o cal, é de supoñer, non conseguiría sacarse de encima ese picor de ter algo na punta da lingua, de boas a primeiras recorda que é capaz de facer sanacións místicas.
Qué pena non terse dado conta, é de supoñer que pensa nese momento, a tempo para salvarlle a vida a tódolos compañeiros de expedición que se foron morrendo arredor seu. O maior esprit d'escalier da Historia. Qué pena non poder viaxar ó pasado, sanalos a todos, revivilos, protexer ó seu líder e facelo Gobernador e decirlle "Tú eres Pánfilo, y sobre este pánfilo construiré mi imperio". Pero un é simplemente humano, pensa, e pasa páxina.
E na páxina seguinte vese a si mesmo ascendendo na escala social da tribu, hasta converterse nun lider, nun profeta. E unha máis aló viaxa de pobo en pobo polo sur do que agora son os Estados Unidos arrastrando fieles consigo, camiñando sin necesidade de comer nin durmir, sanando xente e predicando. Unhas páxinas máis e cruzará o deserto de Sonora como o santo patrón dun exército de indíxenas capaz de conquistar Cidade de México, e forzará ó Gobernador a mandalo a España no primeiro barco que saia de México, con cartos de sobra e unha carta de recomendación. E finalmente verase a si mesmo 8 anos despois, convertido nunha singularidade cuántica, mirando o Teide desde a cuberta do barco que o leva ó seu posto de Adelantado de Buenos Aires e rememorando o día que inventou un milagro.



REFERENCIAS:
"Naufragios y comentarios", de Álvar Núñez Cabeza de Vaca
 "The Balmis Expedition: Using orphans to combat smallpox", capítulo de Futility Closet