Un vai aguantando millor ou peor todo o que a vida lle pon por diante ata que de repente lle ve as costuras ó guión.
Coma Fran o outro día, na porta da cafetería. Tomáramos un café no centro pola tarde, e despois volvéramos camiñando ó noso barrio. Cando xa estábamos lonxe dabondo dímonos conta de que nos olvidáramos un paraugas na cafetería, así que corrimos de volta e, to our credit, conseguimos chegar bastante rápido, probablemente menos de dez minutos despois de que pechase.
E a min non me molestou, non demasiado, unha anécdota máis que contar aquí ó fin e ó cabo, pero Fran realmente tomouno coma unha derrota personal, porque el xa o sabía, el xa se dera conta antes de botarse a correr, antes incluso de levantarse aquel día, de que a cafetería non podía non estar pechada.

Meu pai viaxa a menudo ó estranxeiro e recibe frecuentemente cartas do xulgado. Unha frase perfectamente razonable. Meu pai recibe habitualmente cartas certificadas enviadas a través de Correos, o que significa que si o carteiro non me pilla na casa ou estou por algunha razón incapacitado para atenderlle, déixame un xustificante deses amarelos para que meu pai vaia a recolle-la carta na oficina da calle Mallorca.
Era cuestión de tempo que o carteiro viñese traerme un paquete e me pillase durmindo. Cando pasou non lle din moita importancia: recollín do buzón o resguardo amarelo, comín tranquilamente e pola tarde fun a Correos con el e cunha fotocopia compulsada do DNI de meu pai. Aquel primeiro día fixéronme volver á casa coas mans vacías porque o resguardo non iba firmado.
Volvín ó día seguinte con fuerte viento de levante, armado coa fotocopia do DNI (compulsada, menciono de novo) e o resguardo, asinado esta vez; cunha firma lixeiramente distinta cá do DNI de meu pai, granted, pero o bastante parecida como para que unhos cantos profesores a admitisen durante anos nalgún boletín de faltas do instituto ou en permisos para ir a excursións. Despois de examinala detidamente, a traballadora de Correos negouse a entregarme o paquete, outra vez, porque decidiu que a firma non se lle parecía dabondo á do DNI e podía estar falsificada.
Así que por segundo día consecutivo volvín á casa coas mans nos petos, sentíndome indignado e atascado no medio dun campo cheo de enciños e sin saber moi ben onde pisar; por non seguir coa mala racha, deixei deixar enfriar ó asunto e pasar un par de días sen facer nada.
Cando volvín á oficina, fresco e con ánimos renovados, intentei unha aproximación distinta. Entrei cun sorriso de boa persona, achegueime ó mostrador e expliqueille á de Correos que meu pai estaba no estranxeiro e non tiña moita maneira de que me volvese firmar o xustificante, e díxome que non había problema, que o único que tiña que facer meu pai era mandar un documento no que me dese permiso expreso para recolle-lo paquete, asinado cunha firma igual ca do DNI, e cando eu xa asentía ilusionado, pensando que xa pisaba en terra firme e podería salir da situación sin máis golpes imprevistos, engadiu: "...vía fax."

Lévovos contado xa bastantes anécdotas destas no blog, nas que una choiva de pequenas cousas medianamente incómodas me cae encima de repente, con desastrosos resultados. Chámolle á sección "Como camiñar nun prado inzado de rastrillos", e igual a estas alturas vos preguntaredes cál é o nivel exacto de frustración que me impulsa a escribir, cántas desgracias sin demasiada importancia equivalen a camiñar por un prado cheo de enciños, pero máis ou menos ven sendo este.
Encontras un problema que pensas que poderás solucionar facilmente, das un paso decidido nunha dirección e lévaste un golpe na cara co mango do rastrillo. Despois, descolocado polo golpe, das un par de pasiños cortos hacia adiante e recibes outro máis, e cando intentas dar marcha atrás volves pisa-lo primeiro e pégache un golpe, por exemplo, na rodilla. E máis ou menos con esto eu xa tería dabondo: salería a gatas da situación como boamente poidese, escribiría rapidamente un texto e despois edítaríao moi lentamente, e publicaríao aquí for your mild amusement.
Non vos contaría que para non tocarlle as narices a meu pai escaneei a fotocopia compulsada do DNI, recortei con Photoshop a súa firma, escribín o texto nun documento de Word e peguei o jpeg da firma ó final do documento, e despois mandeino vía fax, porque tiña que ser vía fax, desde un locutorio que hai nos anos 80, xusto a medio camiño entre a miña casa e a calle Mallorca; non volo contaría, claro, porque esa parte xa non sería narrativamente interesante, e porque probablemente sexa ilegal e ademáis non o fixen así. en absoluto. En fin, como empecei dicindo, un vai aguantando millor ou peor o que a vida lle pon por diante e facendo o posible por recolle-las cartas de seu pai.
Pero o caso é que a miña moza, Adri, comproume un libro como regalo de cumpleanos. Vive en Barcelona e por non cargar con el na maleta ó virse de vacacións, encargouno por internet e escribiu directamente o meu piso de Lugo como dirección de entrega.
O regalo non deu chegado en todo o nadal, o cal xa foi un pouco frustrante de por si; pero un día a mediados de xaneiro, cando ela xa estaba de volta en Barcelona, o carteiro pasou pola miña casa. Timbrou ó porteiro e eu, en contra do que estaredes temendo, contestei o telefonillo, eu cumplín coa miña parte. O carteiro, sin embargo, fixo entonces algo que non lle tocaba: preguntoume si Adriana T vivía alí, no meu piso de Lugo.
Non me esperaba aquelo e non o acababa de entender, así que lle abrín o portal sin contestarlle. Cando chegou ó meu piso non traía ningún paquete. Contoume non sei qué historia de que a partir de determinado peso non repartían a domicilio e Adri tería que ir recollelo á oficina de correos.
E nese momento, dinme conta. Como cando adivinas o asesino dez minutos antes do final do capítulo na serie de policías, vin perfectamente claro o que pasaría, encontrei o guión porque a trampa era moi obvia, o conto aquela do peso parecía un artificio narrativo, unha improvisación a última hora do guionista mentras o carteiro subía no ascensor para que o paquete desaparecese da escena e así tivese aínda máis gracia.
Despois deso, o guión estaba claro: o carteiro daríame un resguardo no que figuraría, por erro, o nome de Adri como receptora en vez de como remitente. Eu intentaría ir recollelo solo co resguardo pero a de Correos pediríame un DNI compulsado, ou firmaría, por si acaso colaba e a muller sospeitaría da firma, e acabaría tendo que chamar a Adri para que me mandase desde Barcelona unha autorización por escrito para recolle-lo meu regalo de nadal.
Vía fax.
Adri non encontraría un fax porque vive no século XXI, e ademáis tería que escanea-lo seu DNI para mandarmo, pero nin siquiera tén impresora na súa casa porque francamente ¿quén imprime estes días? E todo eso pasaría -soupeno naquel mesmo momento- porque xa estaba escrito e tiña que pasar así, igual que a cafetería non podía non estar pechada.