Contan nun capítulo recente de Radiolab (but then again, todos o son) a historia dun partido de baloncesto de instituto que se xogou nun pequeno pobo de Alabama, chamado Stevenson, o día de San Valentín de 1992.
Esa edición do programa trata da dialéctica de favoritos e underdogs no deporte. Para facer interesante un enfrentamento, explican Jad Abumrad e Robert Krulwich, hai que fabricar unha historia arredor. A máis extendida, a máis fácilmente asimilable, é a de establecer un David e un Goliath: os espectadores neutrais decantarémonos automaticamente polo competidor que nos digan que ten menos posibilidades de vencer, e estaremos interesados a partir de ahí.
Ó final do capítulo narran o partido de Stevenson. Enfrentábanse os locais North Jackson Chiefs cos Wildcats do veciño pobo de Fort Payne. Non había ningún título en xogo, nin siquiera era un playoff, e ningún dos equipos era particularmente bon. Incluso esaxerei cando dixen que eran pobos veciños: Stevenson e Fort Payne están a uns 70 kilómetros un do outro, máis ou menos coma Lugo e Ribadeo.
A ningún oínte de Radiolab, e a ningún de vosoutros for that matter, lle debería importar en absoluto o que pasou nese partido. Supoño que eso o convirte nun exemplo perfecto para Jad e Robert. Supoño, tamén, que igual debería deixar de escribir, visto así.
O partido desarrollouse por cauces perfectamente mediocres, como cabía esperar, salvo pola cantidade de faltas que estaban cometendo ambos equipos: ó final dos 40 minutos sumaban 75, unha cada 32 segundos. Foi unha sucesión de faltas constante, enlazada por breves momentos de xogo nos que, por outra parte, abundaban as perdas de balón e os fallos. Con ese panorama, o marcador foi moi baixo; pero chegou apretado ó final.
Hai unha reportaxe boísima de Thomas Lake en Sports Illustrated na que transcribe a narración do último cuarto. Quedando aproximadamente medio minuto os North Jackson Chiefs perden de tres, pero Travis Smith, o seu base, rouba a pelota e anota fácilmente ó contraataque. A diferencia queda reducida a un punto.
Nese momento Nacho pide tempo morto. Nosoutros estamos empatados con Ribadeo, temo-la última posesión e eles solo teñen tres en cancha. Podemos gañar o noso primeiro partido de liga, na última xornada. Mentras nos aclara esto, un tanto innecesariamente, váiselle poñendo un sorriso canalla que aínda non entendemos. Podemos gañar, dícenos, e volvernos a casa satisfeitos polo día, pero tamén podemos deixar pasa-la posesión e forza-la prórroga.
A esas alturas do tempo morto probablemente Bieito, que é o millor do equipo, xa entende de qué esta falando o noso entrenador, pero Bieito está eliminados por faltas así que a responsabilidade cae sobre os cinco suplentes que aínda podemos xogar, que miramos a Nacho coma vacas ó tren.
Desa maneira, síguenos explicando, teremos dez minutos por diante contra tres xogadores e non solamente gañaremos o partido, senón que poderemos remontarlles os seis puntos de basket-average que nos sacaran na primeira xornada e que os mantiveran penúltimos da liga, semana a semana, ó largo de meses de derrotas en paralelo.
Temos na nosa man, si decidimos deixar pasa-la posesión, acaba-la tempada sin se-lo peor equipo da provincia.
O árbitro chámanos á pista antes de que sexamos capaces de contestarlle a Nacho qué queremos facer, e á salida do tempo morto os Wildcats plantean unha xogada longa para gastar tempo. Os Chiefs acaban por cometer unha falta con cinco segundos no reloxo que os pode deixar a tres puntos, e ademáis acarrea outra eliminación.
Soamente quedan 6 Chiefs dispoñibles. A situación é desesperada, pero non grave: cando o tirador dos Wildcats falla o segundo dos seus tiros libres, os Chiefs atrapan o rebote e lánzanse ó contrataque; a diferencia é de dous puntos, a victoria é posible. Travis Smith chega en carreira armando o brazo a toda présa e lanza un triple sobre a bocina.
Falla, pero os árbitros pitan falta novamente, a número 75 do partido. Smith ten tres tiros libres sin tempo no reloxo. Pode gaña-lo partido, pero solo transforma dous deles. Prórroga.
Nosoutros estamos confusos polo emocionante que se acaba de poñe-lo partido de Alabama e porque non acabamos de asimilar completamente todo o que nos dixo Nacho e, probablemente por eso, convencidos contra o seu criterio e o do sentido común de xogarnos deportivamente a última posesión, enfrentando cara a cara ós nosos rivales sin picaresca, sin forza-la prórroga. Gustaríame recordar por qué.
Fallamos, claro, non merece a pena nin comentalo, éramos malos de narices. Cinco suplentes habituais sentados no fondo do banquillo do peor equipo do Estudiantes, fose cal fose a categoría ou o tempo que levásemos nela. Fallamos e acabamos na prórroga de todas formas e non importou, pero gustaríame saber qué pensábamos naquel momento aqueles cinco gloriosos perdedores cando, ante a posibilidade de ser Goliath por primeira vez nas nosas vidas deportivas, decidimos ser honrados e face-lo correcto. Con romanticismo na mirada adolescente.
REFERENCIAS

"2 on 5" de Thomas Lake
Ningún comentario:
Publicar un comentario