Empeza-la segunda parte dun texto que se contaba escribir do tirón parécese ós primeiros minutos dunha prórroga. Ambos equipos, e o escritor tamén, acaban de facer un esforzo para tratar de rematar en alto, e francamente esperaban estar descansando a estas alturas, así que empezan deixándose levar.
Mentras o escritor comenta algunha xeneralidade para ir tapando a pantalla, os North Jackson Chiefs fan unha ou dúas faltas rutinarias, solo por meterse outra vez na dinámica do xogo. Unha delas cométea Travis Smith, o rapaz que tivera o partido nas súas mans un minuto antes. É a quinta; queda eliminado.
A estas alturas, os catro equipos estamos cargados de faltas. Despois de Smith sona un silbato que envía a outro Chief ó banquillo. Volve sonar e esta vez o eliminado é un rapaz de Ribadeo. Con dous minutos de prórroga xogados, os Chiefs non teñen ningún sustituto dispoñible, así que están igual de mal ca nosoutros, aguantando como poden cos cinco últimos suplentes do equipo e temendo que en calquer momento os árbitros os deixen soamente con catro. Os de Ribadeo, pola súa parte, teñen dous xogadores na cancha.
Unha das técnicas de defensa máis crueles do baloncesto consiste en deixarlle o balón, e todo o espacio que queira, ó peor xogador do equipo rival, únicamente cortándolle as liñas de pase. Chámaselle "flotalo".
Cando eres rotundamente malo entras na cancha seis ou sete minutos cada partido para que descanse o teu titular e para realizar certas labores loxísticas, que fan que o xogo non se pare: tés que cortar á zona para abrir espacios, pasar pronto a pelota para que circule con velocidade, bascular en defensa de lado forte a lado débil, ir ás axudas e ós bloqueos e a pecha-los rebotes.
Pero no medio dunha xogada calquera veste coa pelota nas mans, con todo o tempo do mundo para pensar e elevado de todas esas labores oscuras que te abruman, e a situación toma un tinte irreal, onírico. Os rivales mírante con respeto, marcando as distancia.
Entonces caes na conta de que hai un reloxo correndo e necesitas toma-la responsabilidade de atacar, e daste conta de que te acaban de pillar bailando cando xa apagaran a música. A partir daquí o único límite márcao a túa desesperación: tiros de nove metros, dobles flagrantes, bandexas cos dous pés no chan... Eu unha vez púxenme a botar, funme do meu defensor e metín unha canasta fácil, con inusitada solvencia, solo para descubrir que confundira a liña do campo de baloncesto cunha de futbito que había pintada ó lado e levaba desde o principio da xogada botando fóra.
Na prórroga atacamos coma si nos estiveran flotando ós cinco á vez; sin posicións, sin orden nin concerto, con botes nos pés e pases mal dados. Aínda así, a trompicóns, vamos metendo algunha canasta, porque despois de todo estamos xogando contra dous.
Entonces chega o peor momento: un dos de Ribadeo colócase na liña de fondo para sacar, molestado aínda que non moito por un dos nosos, mentras que o outro corre en zig-zag para encontrar un pase e tódolos demáis tratamos de defendelo ou tapa-lo pase ou bascular ó lado débil ou sabe dios qué, pero en xeral acabamos correndo detrás del como unha fila de patos seguindo a súa mai.
Encontran o pase unha e outra vez, e a partir de ahí o que saca nin siquiera se molesta en subir ó ataque; quédase no seu campo mirando cómo o seu compañeiro e os catro incompetentes que o seguimos, desesperados e a punto de desbandar, nos vamos achegando pouco a pouco á canasta. Un par de veces incluso se senta na súa bombilla. Despois nosoutros tropezámonos ou facémonos bloqueos cegos a nosoutros mesmos, ou saltamos todos a un tempo, catro defensores caendo á vez na mesma finta, un espectáculo digno de ver, e cando nos queremos dar conta o de Ribadeo meteunos outro triple.
Mentras tanto, no outro partido ambos equipos teñen un número previsible de xogadores e esquemas razonables, así que se mantén equilibrado. Cando quedan menos de dous minutos para o final da prórroga, os silbatos sonan tres veces. Dúas delas, apenas con dous segundos de diferencia, marcan a eliminación de dous Chiefs.
A terceira é no Palomar. Ó triplista de Ribadeo escápaselle o balón e fórmase unha montonera, plumas volando por todas partes, durante a cal me pegan un manotazo na muñeca. Probablemente alguén do meu equipo, aínda que solo sexa por estadística. O árbitro para o partido e pítame falta a min. A quinta, tamén. Terei que ve-lo final do partido no banquillo.

A falta de 32 segundos por xogarse, North Jackson vai tres puntos por detrás de Fort Payne, con dous xogadores menos en cancha e sin a posesion. A lóxica dicta que faigan falta e paren reloxo, posiblemente Chad Cobb que solo leva dúas, e despois esperen ó fallo de Fort Payne nos tiros libres. En lugar deso, tenen un destello de boa sorte e un xogador de Fort Payne comete pasos, así que recuperan a pelota directamente. Cobb asume a responsabilidade do ataque. Recibe do pivot, levántase en carreira marcado por dous xogadores e lanza un triple desde moi lonxe. O balón describe unha parábola moi aberta e acaba entrando limpia.
O público que abarrota o pabellón vólvese tolo, as cheerleaders animan, Jad e Robert gritan emocionados, Thomas Lake tén que pasarse ás maiúsculas na transcripción porque o speaker do pabellón está gritando, con toda a forza que pode "¡EMPATE A 67!". Eu míroo desde o banquillo e probablemente sexa porque aínda estou cabreado pola miña eliminación, pero non me resulta particularmente emocionante.
No mesmo episodio de Radiolab no que contan a historia de North Jackson entrevistan a Malcolm Gladwell. Posiblemente todo o programa sexa unha excusa para falar con el. Gladwell está presentando un libro sobre David e Goliath, no que defende que non debemos deixarnos levar pola dialéctica do underdog e temos que apoiar ó favorito.
Arguméntao de moi diversas maneiras, o tipo é brillante; dice por exemplo que o que está en desventaxa teórica pode xogar coas normas: permitímoslle a David que vaia armado, ó Atlético que se dedique a defender durante 50 minutos na final da Champions League. Supoño que tén razón, pero a min flotábanme de pequeno e hai cousas que non son capaz de procesar.

O partido sigue empatado a falta de 15 segundos, cando cae eliminado por faltas o antepenúltimo Chief. A prórroga estase acabando e un xogador de Fort Payne tén dous tiros libres para poñer ó seu equipo por diante. Respira fondo, flexiona as rodillas, centra a mirada na traseira do aro. Falla o primeiro. Bota forte un par de veces cando o árbitro lle devolve o balón e despois agárrao, recupera o tacto, recalibra a forza. Falla o segundo. O único límite, etc. Un compañeiro seu caza o rebote e mete canasta con inusitada solvencia, pero os árbitros anúlana por unha falta anterior. A pelota é para os Chiefs. Un formigueo de entusiasmo recorre o pabellón.
Outro dos razonamentos que fai Gladwell é que o favorito está obligado a gañar. Nin no partido de Stevenson nin no Palomar hai ningún título en xogo. Gañalo non nos supoñerá ningunha alegría a Fort Payne e a nosoutros, pero é a nosa obligación; non facelo será un desastre. Mentras os espectadores, Jad, Robert e Thomas Lake animan casi involuntariamente ó underdog, están pasando por alto o verdadeiro drama que teñen diante. O partido escápasenos sin que seipamos cómo evitalo, estamos nadando contra corrente, tratando de manter a cabeza alta e pateando desesperados baixo a auga. Non entendemos nada, deberíamos estar gañando comodamente e peleando polo basket-average.

Un dos Chiefs colócase na liña de fondo para sacar, molestado aínda que non
moito por un rival, mentras que o outro corre en zig-zag para
encontrar un pase, e os demáis Wildcats tratan de defendelo pero en xeral
acaban correndo detrás del. Finalmente recibe e acaba por tirar un triple en carreira.
Falla, pero o que sacara, en lugar de quedarse no seu campo, correu toda a pista sin oposición e plantouse debaixo do aro rival xusto a tempo para recolle-lo tiro do seu compañeiro. Os Wildcats danse conta e corren hacia el en desbandada. Fai unha finta de tiro e caen catro Wildcats á vez, plumas volando por todas partes, un espectáculo digno de ver.
Mete a canasta definitiva, no último segundo da prórroga; unha escena de película.
REFERENCIAS

"2 on 5" de Thomas Lake
Ningún comentario:
Publicar un comentario