martes, 10 de maio de 2011

Cambridge Footlights

Curioseando o outro día na páxina da Wikipedia de David Mitchell (o de Mitchell & Webb), leín que na súa época universitaria fora presidente de Cambridge Footlights.
Footlights é o grupo amateur de teatro da Universidade de Cambridge, e para ser un grupo amateur e estar radicado nunha universidade tan prestixiosa coma Cambridge (á que a xente, digo eu, iría a estudiar sesudas carreiras para acabar en Downing Street), é enorme a cantidade de humoristas e actores que pasaron por el, creo que muito maior que en calquer outra compañía similar.
Polo de pronto, o que me chamou a atención cando leín sobre Mitchell é que unhos días antes leera exactamente o mesmo de Richard Ayoade (ademáis, resulta que teñen prácticamente a mesma idade, así que chegaron a coincidir nalgunha montaxe); e sabía que antes ca eles pasara por Footlights a principios dos 80 o grupo de Stephen Fry, Hugh Laurie e Emma Thompson; e antes incluso, unha parte dos Monty Phyton.
Estes eran soamente os exemplos que tiña na cabeza, sin facer a trampa da Wikipedia, e tal vez non impresionen a naide, pero chamáronme dabondo a atención como para poñerme a ler na web do grupo a lista completa de alumnii.
Impresionante, extensísima; a modo de exemplo, deixádemen facer un pequeno recorrido pola súa historia, contando soamente os que coñezo sin facer trampa: desde o terceiro presidente, que foi Gilbert o de Gilbert & Sullivan, pasando polos mencionados Chapman, Cleese e Idle, Fry, Laurie e Thompson, por Douglas Adams (o autoestopista galáctico) e Robert Webb (o outro de Mitchell & Webb, ten sentido), e tamén por xente que, aínda que conozo, non me gusta particularmente, coma Sacha Baron Cohen ou David Baddiel (a quen, sin embargo, lle agradecerei mentras me acorde que compuxera esto), hasta chegar ós últimos (que eu seipa) en alcanzar a fama (son dous dos Inbetweeners): Joe Thomas e Simon Bird.
Por certo, curioseando na Wikipedia encontrei que Oxford ten o seu equivalente a Footlights: Oxford Revue. A lista de antiguos alumnos é moito máis corta, pero tamén moi sorprendente: Michael Palin e Terry Jones, Ken Loach, Richard Curtis, Armando Ianucci (moitos directores, polo que parece), e tamén Rowan Atkinson e... Katherine Parkinson (Jen!).

Ningún comentario: