venres, 29 de xullo de 2011

De librerías por Barcelona

Foto tomada na librería Altaïr de Barcelona. O libro que se ve en primeiro plano é The Home of the Blizzard, de sir Douglas Mawson, que narra a experiencia da Expedición Australiana que el comandaba; mentras que o do fondo é un libro colectivo editado por geoplaneta sobre a Expedición Transantártica do irlandés Ernest Shackleton (Shackleton, la Odisea de la Antártida); por tanto, trátase de libros sobre diferentes exploradores que comandaron expedicións distintas, dende países moi lonxanos entre sí. E sen embargo a fotografía de portada é a mesma. Curioso, ¿non?
Non sei o suficiente do asunto para explicar definitivamente por qué se da este erro (ou, dito doutra maneira, saber quén aparece na fotografía e por tanto quén se confundiu ó edita-lo libro); supoño, sen embargo, que sei de onde vén o erro:
O autor da foto é o máis claro nexo común entre ambas expedicións, xa que participou en ambas (tal vez non fose o único): Frank Hurley, un fotógrafo australiano que tomou parte primeiro na expedición do seu compatriota Mawson e anos despois foi contratado por Shackleton para embarcarse con el no Endurance.
A escritora Caroline Alexander, unha autoridade mundial en canto a Shackleton, retrata a Hurley no libro Atrapados en el Hielo (que por certo é o terceiro libro que aparece -ou se intúe- na fotografía) como un home moi práctico e capaz, e un fotógrafo moi hábil e tan comprometido co seu traballo que era quen de escalar montañas ou subirse ós mástiles do barco cargado co seu pesado equipo para conseguir boas panorámicas.
Sen embargo, tamén era bastante tramposo: para  engadir maior atractivo ás fotos que presentaba nas súas conferencias, non tiña reparo en edita-los negativos, por exemplo para substituir o ceo antártico, limpio e gris, por outro máis interesante estéticamente. Pero ademáis diso, cando na súa xira notaba que a xente estaba interesada en ver algunha fotografía que el non tiña, buscaba entre o seu archivo aquela que millor poidese enganar ó público, alterándoa si era necesario, e simplemente presentábaa na seguinte conferencia sen ningún rubor.
Existe, por exemplo, unha fotografía moi coñecida que en ocasións se identifica como a despedida dos náufragos en Illa Elefante ós seus compañeiros de expedición que embarcaban no bote auxiliar James Caird para volver á civilización e pedir axuda; e noutras, co momento final do rescate da expedición. En realidade, según Alexander, trátase dunha máis dentro dunha serie de imaxes que Hurley tomou durante os preparativos da singladura do Caird, pero probablemente os homes embarcados no bote da imaxe (por certo, creo recordar que non era o Caird, senón o Stamcombe Wills) soamente iban a comprobar as correntes á saída da bahía ou algo así, e volverían ó campamento como moito ó día seguinte.
Así que todo o bon que tiña Hurley como fotógrafo perdíao en canto a arquivista, ou memorialista: contaba a historia da maneira que máis fose a gustar ó público, e con unhos ceos espectaculares de fondo, e probablemente agora mesmo esté deixándome levar pola mesma falta de precisión que lle achaco a Hurley, pero estoume imaxinando o seu archivo como un lío descomunal de fotografías recortadas ou editadas, negativos descolocados e con un título que non se correspondía coa escena, un lío tal que o pobre traballador da editorial que quixo buscar unha foto para facer a portada nin siquiera foi quen de saber de qué expedición era a imaxe que finalmente escolleu.



REFERENCIAS:
"Atrapados en el hielo", de Caroline Alexander

Ningún comentario: