Quixen buscar en internet a
Paula de Parma, a das dedicatorias de Vila-Matas, por saber si
existía fóra das gardas dos seus libros. Acabei, con certa lóxica, lendo un texto publicado nun blog arxentino chamado "pauladeparma" o 1 de octubre de 2006, domingo. Nel aparece o seguinte fragmento:
"[D]iría que Vila-Matas no existe, y un colectivo de autores dispuestos a aniquilar la identidad vigilan cómo crece su personaje. Pensándolo bien, ese vampiro ojeroso que se pasea cada vez más por periódicos y revistas puede no ser más que una marioneta con la suficiente chaladura como para que no sepamos interpretar en su mirada si habla en serio o se está burlando de nosotros."Algunhas certezas quédanseme mirando ós ollos e abofetéanme cun guante vacío, retadoras. Lendo un comentario sobre Jacinto Antón nun blog intúo que o escribiu Ander Izagirre e resulta ser certo; aburrido en clase de estructuras penso que o "A. Serafín de Dios" que vera anunciado nunha placa se chamaba Ángel, e tamén é verdade. Cousas coma esa non deberían pasar, opino; xa me costa bastante ter unha mente científica como para que os feitos se revolvan contra min. Trato de descontalos como casualidades e pasar páxina, pero agárranseme coma a un toro banderilleado.
Mentras lía o texto anterior clavóuseme a certeza de que eu escribira algo moi parecido sete anos antes, á vez que a autora do blog. Intentei escapar do desafío, pero levábao cosquilleando dentro. E estaba derrotado de antemán, pero aínda así estiven buceando algún tempo nas augas empantanadas do meu blog vello hasta que vin o texto, publicado o martes 26 de septiembre de 2006:
"Vila-Matas no debería existir, tendría que ser sólo el pseudónimo que utilizase un escritor oculto, o incluso un escritor ficticio inventado (...) por un tipógrafo o un relojero."
Alleo
a que había unha conspiración internacional de dúas personas na súa contra, Vila-Matas acudiu o xoves daquela semana a unha
entrevista de Ray Loriga en "Carta Blanca". Fala dese programa en "Exploradores del abismo", e aparece anunciado na páxina de TVE como un dos invitados.
E sin embargo non está. O programa pódese ver na web e a entrevista que fixo, entre o martes no que eu
pedín que non existise e o domingo no que pauladeparma afirmou que xa non o facía, desapareceu do programa.
Foi sin querer, francamente.
Foi sin querer, francamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario