Son casi as catro da mañá mentras escribo esto. Non é que teña insomnio hoxe, ollo. É máis, estou nese punto dulce no que debería apagar o ordenador e deitarme definitivamente; pero entonces deixaría de escuita-la música, claro.
O problema é que me deixei a radio encendida, antes de colle-los cascos e abrir Spotify. E na radio está Iker Jiménez falando de probas científicas da existencia da telequinesia. É un problema ridículo, fair enough, un guisante debaixo da cama. Pero si xa me molesta agora o pouco que oio nas pausas entre canción e canción, acolchado o sonido polos auriculares, ter que escuitalo a viva voz, por pouco tempo que fose, cabrearíame ata o punto de non deixarme durmir. Son un ecosistema moi delicado polas noites, granted.
A solución pasaría, por tanto, por levantarme da cama suxeitando o portátil con cuidado na man esquerda, preto dabondo da miña cabeza para que non se me caian os cascos e vixilando por outra parte que o cable do ordenador non se solte do enchufe, da-la volta sobre min mesmo e estira-los brazos todo o que poida, acompañando coa cabeza o movemento do brazo esquerdo porque o cable dos auriculares é bastante corto, mentras coa man dereita tanteo a radio, e idealmente encontro o botón co que apagala sin ter que oir a pseudociencia de Jiménez. É a única solución que se me ocurre e non son capaz de pensar en nada máis, porque ás catro da mañá o cerebro dun é coma un rinoceronte en estampida, incapaz, irónicamente, de maniobrar arredor de ningunha idea.
Antes de deitarme, antes incluso de encende-la radio, freguei os cacharros da cena; por razóns que descoñezo, unha taza encontrou a maneira de escurrírseme das mans, saltar hacia arriba e caerse finalmente ó chan en gimnástico dibujo en el aire.
Cheguei á habitación cabreado conmigo mesmo pero distraínme un momento e cando me quixen dar conta tiña o móbil na man e estaba a mirar twitter. Solteino espantado na mesiña de noite, en concreto encima das gafas; deslizouse sobre elas e acabou caendo pola parte de atrás da mesa. Cando estaba apartándoa para recolle-lo teléfono, a lámpara de repente veuse sin ningunha mesa debaixo, e despois de valora-la situación durante un instante resolveu caerse ó chan; pero eu agarreina no aire heroicamente, cunha axilidade completamente impropia de min, e volvina poñer sobre a mesa, de onde a tirei co codo vinte segundos despois.
Con estos antecedentes, comprenderedes que non me atreva a poñer algo tan valioso como o portátil nas miñas mans. A posibilidade de suxeita-lo ordenador cunha man mentras sigo conectado a el mediante os cascos, dar tres pasos na oscuridade sin tropezar con nada, facer o que en ballet se denomina como pirueta de torsión ou layback e despois acertar co botón de apagado da radio sin tirala ou, qué sei eu, meterlle o dedo no ollo ó gato resúltame, a estas horas da noite, imposible de imaxinar.
Así que aquí estou, punto dulce do sono long gone, oíndo de fondo as probas irrefutables de que hai xente capaz de mover obxetos coa mente.
Versión en castelán

Ningún comentario:
Publicar un comentario