Cada vez que o deixan solo na súa mesa, Rustichello da Pisa recupera un pergamino que ten medio escondido e escribe afanosamente o que recorda da noite anterior. Levaba 15 anos deixándose envellecer a poucos, traballando durante o día como escribano para os seus captores xenoveses e durmindo polas noites na cárcere, cando o transferiron á cela daquel mercader veneciano, un tipo encantador cun deses sorrisos dos que no fondo sabes que non deberías fiarte, de quen se fixo amigo case instantáneamente porque parecía imposible resistirse.
Desde entón, Marco Polo fálalle tódalas noites sobre as súas viaxes por Cipango, sobre a corte do Gran Khan e as incribles cidades do seu reino. Rustichello memoriza as súas historias e ó día seguinte transcríbeas a escondidas, roubándolle tempo ó seu traballo. Levaba anos sin sentirse tan vivo.

"Sugiu es una hermosa ciudad. Sus habitantes son idólatras y sujetos al Gran Khan. Tienen papel moneda, viven del comercio e industria. Tejen ricas sedas para sus vestimentas."
Rustichello copia ese párrafo, esconde o manuscrito e quédase distraído na súa mesa pensando nas sedas da cidade de Sugiu e nas 10.000 eguas blancas do Gran Khan e no seu palacio recuberto en ouro tallado. Mentras tanto, micer Polo acaba o seu relato e entón o profesor Rodríguez Pardo, presidente do tribunal, cédelle a palabra ó profesor López Rúa, quen despois dunha breve alabanza a modo de introducción lle pregunta ó veneciano pola definición ambiental da zona de actuación. Marco Polo traga saliva, apálpase os petos buscando unha resposta e comeza a falar, algo máis titubeante do que lle gustaría:
"Vughin es otra preciosa ciudad. Sus habitantes son idólatras y súbditos del Gran Khan. Usan papel moneda. Hay seda en cantidad.
Nese momento, o escribano Rustichello volve unhos párrafos atrás e ve que Marco lle dera a mesma definición unhas noites antes, palabra a palabra, para outra cidade distinta. "Qué raro", pensa, "¿copiaríao mal?".
Mira sorprendido ós membros do tribunal, pero ningún deles parece terse dado conta. O presidente non levanta a mirada dos seus folios; o profesor Fernández de Mesa, lixeiramente recostado hacia atrás e cunha perna cruzada sobre a outra como solo saben facer os ricos, podería tranquilamente estar durmindo; López Rúa móstrase satisfeito coa resposta obtida, e a continuación interésase pola batimetría empleada e os estudios xeotécnicos. Marco Polo vai asentindo co ritmo da pregunta, un sorriso abríndose paso na súa cara:

"Sabed que [Ciangan] es grande y rica. Sus habitantes son idólatras y vasallos del Gran Khan. Emplean también papel moneda. Viven del comercio y de las artes. Tejen cendales de toda forma y hechura, y en gran número.
No queda más que mencionar, y os hablaremos de otras ciudades..."
"Disculpe, micer Polo, pero ahora corresponde cederlle a palabra ó profesor Fernández de Mesa", dice Rodríguez Pardo dándolle un pequeno codazo preventivo ó seu compañeiro de tribunal. Este desperézase e fai un comentario sobre o presuposto de licitación que non acaba de callar en pregunta, así que Marco Polo simplemente prosigue o seu relato onde o deixara:
"Cuando partimos de Ciangan, desfilaron ante nosotros durante tres días, en un paisaje risueño y fecundo, castillos, ciudades y villas ricas y pobres, que viven del comercio y las artes. Los habitantes son idólatras y pertenecen al Gran Khan. Como los demás del reino, tienen papel moneda."
E todos sonreímos educadamente e démonos a man e incluso houbo aplausos, mentras Rustichello da Pisa masticaba o seu desengano, e así máis ou menos acabei a carreira.
REFERENCIAS:
"Viajes. La división del Mundo", de Marco Polo
"Parque Eólico Marino en los Bajos de Baldaio", de Noé Ramalleira
Ningún comentario:
Publicar un comentario