xoves, 12 de decembro de 2013

A bicicleta baleira de Bartali

Gino Bartali era o mellor ciclista italiano a finais da década dos 30; gañou o Giro en dúas edicións consecutivas, a Milán-San Remo e o campionato de Italia tres veces antes de 1940, e en 1938 liderou á selección italiana que participaba no Tour de Francia, vencendo cunha diferencia de 20 minutos sobre o segundo clasificado. Pero estes triunfos deportivos viñeron acompañados dunha resaca política: Bartali, o ídolo nacional, era un home católico e sinxelo, que non se metía en polémicas e ademáis conseguira derrotar ó enemigo francés no seu propio territorio, así que Mussolini adoptouno coma o seu gran icono deportivo. "Gino Bartali", decía un titular, "alfiere del ciclismo fascista".
Durante os cuarenta non o movilizaron para a Segunda Guerra Mundial, senón que lle permitiron seguir entrenándose polas carreteras de montaña de Italia en pleno conflicto, coa esperanza de que, ó acaba-la guerra, volvese gañar no Tour, si ós franceses lles quedaban ganas de seguir organizándoo. Así que Bartali pasaba os días pedaleando apaciblemente pola Toscana, comía en conventos cos monxes e si se encontraba con patrullas de gardas ou militares, estes sacábanse a pucha ante o Campeonissimo e facíanse a un lado.
Despois da guerra, que evidentemente non lles deparara a derrota que esperaba Mussolini, os franceses volveron organiza-lo Tour. Bartali para entonces xa tiña máis de trinta anos, pero foi capaz de ganalo de novo, no 1948, e tamén o Giro. Foi nesa etapa cando se forxou a lenda da súa rivalidade con Coppi.
Xa sabemos cómo funcionan eses grandes enfrontamentos deportivos, acabamos de ver un. Empézase con Guardiola de entrenador e un bon grupo de canteiranos no Barcelona, e o Madrid tén que reaccionar xuntando ó xogador máis caro do mundo e ó entrenador máis polémico.
E ó redor desa imaxe inicial vaise creando un clima, un orballo de elementos externos que son pouco importantes por separado pero que se van ensamblando e completan a mitoloxía: o xogo colectivo do Barça e as individualidades do Madrid; os valors, en catalán; o liberalismo da puta banda de twitter; Jabois e Gistau facendo literatura de corsarios feroces no Mundo mentras Diego Torres asedia o Bernabeu desde as páxinas do País, bombas caendo sobre un búnker no que se refuxian 23 xogadores e un axente doble traballando entre eles. 
Recordo xente fora das súas casillas porque o Barcelona gastase diñeiro nun xogador non catalán, como si acabasen de descubrir ó presidente da UGT de mariscada. Por outra parte, hasta o arzobispo de Barcelona criticaba as fichaxes do Madrid con la que estaba cayendo. Ó final todo acaba por enlazarse e ter sentido, seguindo un guión que escribimos entre todos.
E no guión do enfrontamento entre Coppi e Bartali ensamblábanse un montón de pezas: Bartali era forte, bruto, con rasgos de labrador; Coppi era un dandi. Un era sinxelo e familiar, o outro protagonizaba a crónica rosa da época. Un extremadamente relixioso, o outro agnóstico declarado e enfrentado á Iglesia. Coppi era cinco anos menor ca Bartali e a súa imaxe non fora tan utilizada polo fascismo; a el chamárano a filas, coma a gran parte do país, e agora estáballe dándolle victorias deportivas unha Italia moderna montada en Vespa ou nun Alfa Romeo Giulietta, mentras Bartali era un vestixio de tempos pasados que se negaba a desaparecer.
Ademáis Fausto Coppi morreu, con melancólica elegancia, ós 40 anos, deixando a Bartali definitivamente descolgado no lado malo da historia. Despois de retirarse dirixiu un equipo ciclista durante un tempo, e comentou algún Giro; foi facendo a súa vida, sobrevivindo a Coppi, que o miraba eternamente novo desde fotos doutra Italia e outro ciclismo; sobrevivindo a Mussolini, ás súas propias imaxes de gloria xuvenil.
Dice o amigo Izagirre en "Plomo en los bolsillos" que o enterro de Bartali, no ano 2000, foi multitudinario; nunca fora olvidado nin xulgado moi severamente polos italianos, supoño que igual que nosoutros non somos duros con Gento ou Bahamontes por aparecer no NO-DO.
Son solo deportistas, non saben si está ben ou non xogar en Guinea Ecuatorial; Iniesta é tan simple e inocente que nos costa entender cómo é posible que teña unha filla, semellante incoherencia da personaxe. As historias fabricámolas nosoutros, eles meten ou fallan penalties pero nós somos os que ensamblamos a mitoloxía, eles son estatuas baleiras de xeso eternamente novas e nosoutros enchémolas como queremos.
E Bartali fora un gran deportista, pero era solo outra estatua máis na que Italia vertera ilusións e polémicas cincuenta anos antes, igual que naquel momento o facían con Pantani.
En 2003, os fillos dun contable chamado Giorgio Nissim descubriron nun caixón unhos diarios vellos de seu pai nos que explicaba o funcionamento dunha rede clandestina para axudar ós xudíos a escapar do país, nos anos 30 e 40.
Durante moito tempo foran os propios xudíos os que se ocupaban dela, fabricando pasaportes falsos, ocultando ós exiliados e axudándolles a pasar a Suiza. Esa rede caeu no ano 42, pero Nissim recibiu o inesperado apoio do obispo de Xénova, que puxo a traballar para el a tódolos mosteiros da rexión como imprentas e refuxios. A partir de entón, si me disculpades a frivolidade, volveu haber aplicados monxes amanuenses copiando documentos.
Cando a historia se fixo pública, a maior sorpresa para os italianos foi descubrir que unha daquelas estatuas eternamente novas, Gino Bartali, "alfiere del ciclismo fascista", era o correo entre os distintos puntos da rede. Transportaba pasaportes e visados falsos durante os seus entrenamentos, de mosteiro en mosteiro, escondéndoos no cadro baleiro da súa bicicleta.


REFERENCIAS:
"Plomo en los bolsillos", de Ander Izagirre
"El secreto de Bartali", Informe Robinson

Ningún comentario: