martes, 19 de novembro de 2013

Cabeza de Vaca, Currículos Vitae, unha colección de periódicos e viaxes no tempo.

Álvar Núñez Cabeza de Vaca formaba parte dunha flota de cinco naves e uns 600 colonos que saliron de España en 1527 coa ambición de conquistar Florida e establecer como gobernador ó seu lider, Pánfilo de Narváez, cuio nome, admitamos, non invitaba ó optimismo.
Menos aínda o facían, por outra parte, os seus antecedentes. En 1518 fora enviado polo gobernador de Cuba para frenar a Hernán Cortés, que pretendía conquistar México sin permiso do Rei, e non soamente fracasara pese a superalo en número, perdera un ollo e fora feito preso durante dous anos, senón que no proceso introducira a viruela no continente americano.
De todas formas nosoutros tíñamos unha vaga idea de que os españois conquistaran América con moita facilidade e foran reverenciados como deuses, e ademáis sabiamos que Cabeza sobrevivira para narra-la súa historia (nun libro chamado, por outra parte Naufragios); así que ó principio non lle dimos moita importancia a tódalas desgracias coas que iban tropezando. Sobreviviron desercións masivas e dúas tormentas tropicales antes incluso de tocar continente americano, pero seguimos adiante, asumindo que á larga serían pequenos problemas, dando por descontada a conquista de Florida.

Fai unhos anos, por cousas da vida, acabei xuntando nunha esquina da habitación un montón de números do País. A forza de ver medra-lo montón semana a semana foime percolando a idea de que estaba acumulando algo importante, creando un mapa do mundo. No tempo que me levaba pasar unhas follas, Obama era presidente dos EEUU ou simplemente un candidato que lle podería dar guerra a Hillary Clinton. Bardem estrenaba unha película dos Coen e gañaba o Óscar por ela uns minutos máis tarde. Ata media altura do montón non había iPhones, por increible que pareza, e unhas páxinas máis abaixo xa non existía Lehman Brothers e Sarkozy iba reinventa-lo capitalismo.
Ó final tuven que tirar os periódicos, evidentemente, pero non podía mandar todo á basura sin máis, tiña nas mans a explicación da burbulla inmobiliaria e da crisis da socialdemocracia europea, o boom de Facebook, a morte de Sadam Hussein. Decidín repasa-la pila enteira e refinala, salva-las noticias máis importantes e os mellores artigos.
Pero cando acabei aínda quedaba unha cantidade considerable de recortes e follas soltas, e non sabía moi ben qué podía facer con elas, así que pensei que o único camiño válido era hacia adiante e a única maneira honesta de nadar era mar adentro: seguiría depurando, conservando desta vez soamente as noticias que tiveran cambiado o mundo, solo os fragmentos máis redondos dos mellores artigos e reportaxes. Podería ter seguido ata quedarme solo cun pronome ou cun signo de admiración como resumen final de 2007, pero nalgún punto daquel proceso continuo de refino dinme conta de que o único que estaba a facer era tirar moi rebuscadamente os periódicos ó lixo.
De igual maneira, en "Naufragios" ós españois íbanselles caendo trozos da súa brillante armadura de Conquistadores con cada ataque indio pero eles seguían adiante, derrota a derrota, acumulando heroismo de cara a victoria final, converténdose a poucos nunhos pobres infeliciños perdidos a medio mundo de distancia da súa casa e coa necesidade de alguén que os rescatase.
Finalmente, a balsa na que iba Cabeza de Vaca separouse da de Pánfilo, que desa maneira desapareceu do libro para non volver, e cando Cabeza tocou por fin o Novo Mundo, terra de oportunidades e futura home of the braves, foi capturado sin solución de continuidade pola primeira tribu de nativos que pasaba por alí.
A veces téñome preguntado para qué serviría unha máquina do tempo que solo se movese hacia adiante. ¿Pensástedelo algunha vez, qué utilidade real tería unha máquina coa que soamente poidésedes facer fast-forward da vosa vida?
Por exemplo, si a Cabeza de Vaca de súpeto lle entrase unha inspiración divina, descubrise cómo facer milagros e pegase un salto no tempo de sete anos, veríase aínda nas mans dos mesmos indios que o acababan de capturar. Descubriría que a súa vida mellorara, que non o trataban mal e incluso confiaban dabondo nel para empregalo coma diplomático ou comerciante coas tribus veciñas, pero ¿qué gañaría con eso? Foran os sete anos de sufrimento e traballo os que o permitiran chegar ata alí, e seguiría tendo que pasar por eles.
Nosoutros, sin embargo, podemos saltaricar coa lixeireza que queiramos pola súa vida. Témolo facil: caen dictadores e gáñanse Copas do Mundo ó pasar unha páxina. Unhas cantas follas máis adiante, encontrarémolo embarcado hacia España despois de camiñar desde Florida a Cidade de México, e cunhas ganas tremendas de chegar: naquel momento era un noble relativamente rico, veterano na rexión e que sobrevivira heroicamente a sete anos de cautiverio; estaba nunha posición inmellorable para que o Rei o nombrase Gobernador de Florida.
Pero o barco que o levaba soamente parou nas Canarias antes de volver directamente a América, así que Cabeza de Vaca veuse retido en Tenerife sin posibilidade de chegar a Madrid nun par de meses. Tal vez desexase saltar no tempo, pero como non sabía facer milagros decidiu aproveitar os meses que tiña que estar alí para escribir a crónica das súas aventuras coa aspiración de facer méritos en Corte para reclamar o posto.
Así que temos a Cabeza nun doble punto espacio-temporal: por un lado deixáramos marcado cun dedo unha páxina do libro na que sobrevivía moi frugalmente, apoiado na súa inquebrantable fe e traballando como mercader en Florida; e por outro, leémolo uns anos máis vello e en Canarias, describíndo cómo comerciaba cunha tribu rival, para demostrar as súas dotes diplomáticas, cando un compañeiro seu recibiu un flechazo, porque era tamén un home capaz de afrontar perigos.
Visto coa perspectiva que da ser viaxeiros no tempo, a verdade é que o libro iba resultando sospeitoso conforme o líamos, porque Cabeza de Vaca non paraba de acertar continuamente, dando os consellos máis adecuados para que despois Pánfilo os desperdiciase e todo fora invariablemente mal unha e outra vez. De todas maneiras non estaba facendo outra cousa que decora-lo CV ata entón, nada grave: coñecementos de informática, inglés medio... Pero nese momento, mentras observaba o Teide buscando algunha palabra que se lle escapara, decidiu que in for a penny, in for a pound: si solo tes unha oportunidade de venderte ben diante do Rei, máis che vale non quedarte corto. Así que pegou un salto temporal a cinco anos antes, taponou coas mans o corte do seu amigo, rezou un Padrenuestro e, ó levantalas, a ferida milagrosamente desaparecera.
E desa maneira, despois de sete anos pasando penurias entre os nativos tempo durante o cal, é de supoñer, non conseguiría sacarse de encima ese picor de ter algo na punta da lingua, de boas a primeiras recorda que é capaz de facer sanacións místicas.
Qué pena non terse dado conta, é de supoñer que pensa nese momento, a tempo para salvarlle a vida a tódolos compañeiros de expedición que se foron morrendo arredor seu. O maior esprit d'escalier da Historia. Qué pena non poder viaxar ó pasado, sanalos a todos, revivilos, protexer ó seu líder e facelo Gobernador e decirlle "Tú eres Pánfilo, y sobre este pánfilo construiré mi imperio". Pero un é simplemente humano, pensa, e pasa páxina.
E na páxina seguinte vese a si mesmo ascendendo na escala social da tribu, hasta converterse nun lider, nun profeta. E unha máis aló viaxa de pobo en pobo polo sur do que agora son os Estados Unidos arrastrando fieles consigo, camiñando sin necesidade de comer nin durmir, sanando xente e predicando. Unhas páxinas máis e cruzará o deserto de Sonora como o santo patrón dun exército de indíxenas capaz de conquistar Cidade de México, e forzará ó Gobernador a mandalo a España no primeiro barco que saia de México, con cartos de sobra e unha carta de recomendación. E finalmente verase a si mesmo 8 anos despois, convertido nunha singularidade cuántica, mirando o Teide desde a cuberta do barco que o leva ó seu posto de Adelantado de Buenos Aires e rememorando o día que inventou un milagro.



REFERENCIAS:
"Naufragios y comentarios", de Álvar Núñez Cabeza de Vaca
 "The Balmis Expedition: Using orphans to combat smallpox", capítulo de Futility Closet

Ningún comentario: