Vén do capítulo anterior
Xa mencionei que sentía un desprecio personal polos corredores, pero en realidade o problema que lles vexo está moito máis xeneralizado.
Xa mencionei que sentía un desprecio personal polos corredores, pero en realidade o problema que lles vexo está moito máis xeneralizado.
Recordo que nos contaron na visita de obra á A-8 que cambiaran a saída
orixinal da Espiñeira por si se facía un corredor a Viveiro. Esto pasou a
principios da década pasada, e supoño que sería unha boa
idea. No momento parecéunolo, pero ese era o clima. Nas clases
ensinábannos que as infraestructuras eran focos de crecemento, que as
boas conexións atraían negocios por si mesmas, que os presupostos dos
proxectos se cadraban co futuro beneficio social. Si lo construyes ellos vendrán
O problema é ese optimismo, a busqueda da profecía autocumplida O planteamento detras dos corredores semella razonable: faise a
plataforma coas dimensións dunha autovía, deixando construidas tódalas
estructuras, pero constrúese en principio soamente unha das
calzadas, que queda funcionando coma carretera.
Pero non fan ben ese traballo. Están trazadas coma unha
autopista, sin ter en conta a necesidade de adiantar, e pídenche que
vaias a 120 pero prohíbenche pasar de 100. Son peores que as carreteras que deberían sustituír, e a única solución é fuxir cara adiante, unha vez máis, e acabar de construi-las autovías. Entre Sarria e Monforte, entre A Espiñeira e Viveiro.
Agora, despois de cinco anos en recesión, o
país parece non ter cartos para paga-lo estado de benestar, o presuposto de
Fomento baixa xeométricamente cada ano e as posibilidades de que acabe existindo unha autovía entre A Espiñeira e Viveiro vense diminutas dende o volante do meu Clío.
E aínda así, un intenta non ser moi fatalista porque pensa que o que hai que facer é aguantar máis ou menos o que a vida lle pon por diante e seguir avanzando; pero mentras sae
da autovía e se ve cruzando a calzada por debaixo dunha ponte e circulando aínda 800 metros máis por unha clotoide interminable construida exclusivamente porque
había que facerlle sitio a un puñetero corredor antes de chegar á rotonda na
que dunha vez por todas consigue da-la volta,
solo para inmediatamente despois ter que volver repeti-lo camiño pola mesma
clotoide e outra vez por debaixo da autovía e despois por arriba, coma un parvulito
aprendendo a ata-los tenis, ve perfectamente clara, coma McKie, unha liña zigzagueante de causas e consecuencias que parte dos desempleados de Alabama que recibiron hipotecas
subprime e cruza o globo de punta a punta, pasando
por Harry, Emanuel e Mayer Lehman, Angela Merkel e o BCE ata chega ós que proxectaron o corredor de Viveiro, un complot internacional que tardou varios anos en producirse e costou millóns de dólares para crear un
enorme furacán noutra punta do mundo e facer con el que unha pequena avelaíña aletease un
pouco na Espiñeira e me jodese a tarde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario