" [El Gran Khan] va a verlos una vez por semana, y va galopando por esta pradera, que corre a lo largo del muro, y muy a menudo trae consigo un leopardo en la grupa de su caballo.Así se divierte en ver cómo los ciervos son devorados por sus halcones."
luns, 20 de xaneiro de 2014
Fragmento de "Viajes", de Marco Polo: Die Bremer Stadtmusikanten (?)
venres, 17 de xaneiro de 2014
Fragmento de "Viajes", de Marco Polo: you utter Vogon!
"En esta región se produce el almizcle mejor y más fino. Sabed que el almizcle se recoge así: hay un animalito del tamaño de una gacela que tiene el pelo muy áspero, las patas de gacela, sin cuernos, con cola de gacela, cuatro dientes, dos abajo y otros dos en la mandíbula superior, de tres dedos de largo y muy puntiagudos. Van siempre en parejas. Es un hermoso animal.Cuando se le apresa, el animal tiene escondido en el medio del vientre, en una bolsita entre el cuero y la carne, el líquido; se corta el pellejo y se aparta, y este líquido es el almizcle"
martes, 7 de xaneiro de 2014
Fragmento de "The Speckled Band", de Arthur C. Doyle
"So he sat as I dropped off to sleep, and so he sat when a sudden ejaculation caused me to wake up"
Existen moitos exemplos de ejaculations no canon holmesiano. Recoméndase a posibles interesados na materia que vexan o primeiro episodio da temporada J de QI. (NdE)
venres, 27 de decembro de 2013
Cabeza de Vaca nas Cotovías
Estou en Lugo, así que hoxe póidovos copiar directamente de Naufragios en lugar de oir campanas ao lonxe e contarvos mentiras piadosas coma antes. Ocorre que por estes azares da vida a miña copia do libro é unha edición brasileira, así que tódalas citas van estar en portugués, xa me perdonaredes; podedes
imaxinar que as pronuncia un Cabeza de Vaca confuso, que viaxou demasiado no tempo e tén problemas de time lag:
"Naquela ilha costumam curar as enfermidades soprando o doente e passando a mão sobre ele. Tentaram fazer isso conosco e nós nos ríamos muito, o que os deixou zangados."
Si lle preguntades ó Cabeza lusista, diravos que a ilha en cuestión era a de Mal-fado, á cal fóra do meu libro os españois chamaron del Malhado, e en xeral coñecemos como Galveston, TX; por Gálvez Town, por outra parte, así que a ver quén convence a Cabeça de Vaca de que fai mal en chamarlle do Mal-fado.
Galveston, por certo, é a cidade natal de Barry White, quen en realidade se chamaba Barry Carter, porque se ve que nesta illa do infortunio os nomes non valen ren. É un laberinto de espellos no que nada é o que parece, e os nativos despertan a cada día falando cun acento distinto, vacíos de significados, e inventan un novo nome para o sol, o mar e a illa, nas súas voces graves e sensuais.
En todo caso, como vedes cando os nativos lles ofreceron axuda ós españois, estes despreciárona e ríronse deles. Non foi moi educado pola súa parte, pero o de soprar nas feridas e impoñer mans tampouco tiña moito sentido.
Pero qué ten sentido en Galveston, onde os nomes non significan nada e todos retozan e disfrutan coma se ó día seguinte cada persona se despertase sendo completamente distinta e non houbese consecuencias; onde son incapaces de acumular sabiduría dunha xeración a outra porque ó durmir olvidan o nome de tódalas enfermidades, coma unhos peixes de cores, coma unhas cotovías, e solo poden soprar e xunta-las mans e esperar un milagre.

Os soldados españois, donos do mundo, futuros Conquistadores, ríanse con superioridade dos indios de Galveston porque eles contaban co máis avanzado coñecemento médico europeo. Incluso Cabeza de Vaca, co time lag que sufre, non pode evitar sorrir mentras recorda as supersticións dos indios e escribe as seguintes liñas:
"O que o médico costuma fazer é uma incisão no lugar dolorido, chupando ao redor dela. Costumam também fazer cauterização com fogo (...). Depois disso, sopram no lugar que dói e acreditam que com isso afastam o mal. Nós os curavamos benzendo-os, rezando un Pater Noster e uma Ave Maria, e rogando a Deus Nosso Senhor que lhes desse saúde."
REFERENCIAS:
"Naufragios y comentarios", de Álvar Núñez Cabeza de Vaca
Fragmento de "Moby Dick", de Herman Melville
"Así estuve, ¡estruja!, ¡estruja!, ¡estruja!, durante toda la mañana, hasta que tuve la impresión de que me fundía en la esperma. Seguí estrujando aquella esperma hasta que una especie de locura me sobrevino y me hallé estrujando las manos de uno de mis compañeros de trabajo, tomándolas por los suaves globos. Tal fecundo, afectuoso, amistoso sentimiento que engendra esta práctica, que finalmente me hallé estrechando las manos de mis compañeros de modo continuo, y mirándoles amablemente a los ojos como diciendo: «¡Oh, mis queridos prójimos!, ¿por qué esforzarnos en continuar manteniendo acerbas dificultades sociales, o la más leve ira o envidia? Vamos, estrechémonos en círculos las manos; es más: estrechémonos mutuamente y de manera universal hasta convertirnos en la leche y en la esperma de la amabilidad»."
mércores, 18 de decembro de 2013
Fragmento de "The Worst Journey In The World", de Apsley Cherry-Garrard
"Inside the hut are orgies. We are very merry—and indeed why not?"
xoves, 12 de decembro de 2013
A bicicleta baleira de Bartali
Gino
Bartali era o mellor ciclista italiano a finais da década dos 30; gañou o Giro
en dúas edicións consecutivas, a Milán-San Remo e o campionato de Italia tres
veces antes de 1940, e en 1938 liderou á selección italiana que participaba no
Tour de Francia, vencendo cunha diferencia de 20 minutos sobre o segundo
clasificado. Pero estes triunfos deportivos viñeron acompañados dunha resaca
política: Bartali, o ídolo nacional, era un home católico e sinxelo, que non se
metía en polémicas e ademáis conseguira derrotar ó enemigo francés no seu
propio territorio, así que Mussolini adoptouno coma o seu gran icono deportivo.
"Gino Bartali", decía un titular, "alfiere del
ciclismo fascista".
Durante
os cuarenta non o movilizaron para a Segunda Guerra Mundial, senón que lle
permitiron seguir entrenándose polas carreteras de montaña de Italia en pleno
conflicto, coa esperanza de que, ó acaba-la guerra, volvese gañar no Tour, si
ós franceses lles quedaban ganas de seguir organizándoo. Así que Bartali pasaba
os días pedaleando apaciblemente pola Toscana, comía en conventos cos monxes e
si se encontraba con patrullas de gardas ou militares, estes sacábanse a pucha
ante o Campeonissimo e facíanse
a un lado.
Despois
da guerra, que evidentemente non lles deparara a derrota que esperaba
Mussolini, os franceses volveron organiza-lo Tour. Bartali para
entonces xa tiña máis de trinta anos, pero foi capaz de ganalo de novo,
no 1948, e tamén o Giro. Foi nesa etapa cando se forxou a lenda da súa
rivalidade con Coppi.
Xa
sabemos cómo funcionan eses grandes enfrontamentos deportivos, acabamos de ver
un. Empézase con Guardiola de entrenador e un bon grupo de canteiranos no Barcelona, e o Madrid tén que reaccionar xuntando ó xogador
máis caro do mundo e ó entrenador máis polémico.
E ó
redor desa imaxe inicial vaise creando un clima, un orballo de elementos
externos que son pouco importantes por separado pero que se van ensamblando e
completan a mitoloxía: o xogo colectivo do Barça e as individualidades do Madrid; os valors, en catalán; o liberalismo da puta banda de twitter; Jabois e Gistau facendo
literatura de corsarios feroces no Mundo mentras Diego Torres asedia o Bernabeu
desde as páxinas do País, bombas caendo sobre un búnker no que se
refuxian 23 xogadores e un axente doble traballando entre eles.
Recordo xente fora das súas casillas porque o Barcelona gastase diñeiro nun xogador non catalán, como si acabasen de descubrir ó presidente da UGT de mariscada. Por outra parte, hasta o arzobispo de Barcelona criticaba as fichaxes do Madrid con la que estaba cayendo. Ó final todo acaba por enlazarse e ter sentido, seguindo un guión que escribimos entre todos.

E no
guión do enfrontamento entre Coppi e Bartali ensamblábanse un
montón de pezas: Bartali era forte, bruto, con rasgos de labrador; Coppi era un
dandi. Un era sinxelo e familiar, o outro protagonizaba a crónica rosa da
época. Un extremadamente relixioso, o outro agnóstico declarado e enfrentado á
Iglesia. Coppi era cinco anos menor ca Bartali e a súa imaxe non fora tan
utilizada polo fascismo; a el chamárano a filas, coma a gran parte do país, e
agora estáballe dándolle victorias deportivas unha Italia moderna montada en
Vespa ou nun Alfa Romeo
Giulietta, mentras Bartali era un vestixio de tempos pasados que se negaba
a desaparecer.
Ademáis
Fausto Coppi morreu, con melancólica elegancia, ós 40 anos, deixando a Bartali
definitivamente descolgado no lado malo da historia. Despois de retirarse
dirixiu un equipo ciclista durante un tempo, e comentou algún Giro; foi facendo
a súa vida, sobrevivindo a Coppi, que o miraba eternamente novo desde fotos doutra
Italia e outro ciclismo; sobrevivindo a Mussolini, ás súas propias imaxes de gloria
xuvenil.
Dice o amigo Izagirre en "Plomo en los bolsillos" que o enterro de Bartali, no
ano 2000, foi multitudinario; nunca fora olvidado nin xulgado moi severamente
polos italianos, supoño que igual que nosoutros non somos duros con Gento ou Bahamontes
por aparecer no NO-DO.
Son solo deportistas, non saben si está ben ou non xogar en Guinea Ecuatorial; Iniesta é tan simple e inocente que nos costa entender cómo é posible que teña unha filla, semellante incoherencia da personaxe. As historias fabricámolas nosoutros, eles meten ou fallan penalties pero nós somos os que ensamblamos a mitoloxía, eles son estatuas baleiras de xeso eternamente novas e nosoutros enchémolas como queremos.
E Bartali fora un gran deportista, pero era solo outra estatua máis na que Italia vertera ilusións e polémicas cincuenta anos antes, igual que naquel momento o facían con Pantani.

En
2003, os fillos dun contable chamado Giorgio Nissim descubriron nun caixón
unhos diarios vellos de seu pai nos que explicaba o funcionamento dunha rede
clandestina para axudar ós xudíos a escapar do país, nos anos 30 e 40.
Durante
moito tempo foran os propios xudíos os que se ocupaban dela, fabricando
pasaportes falsos, ocultando ós exiliados e axudándolles a pasar a Suiza. Esa
rede caeu no ano 42, pero Nissim recibiu o inesperado apoio do obispo de
Xénova, que puxo a traballar para el a tódolos mosteiros da rexión como
imprentas e refuxios. A partir de entón, si me disculpades a frivolidade, volveu haber aplicados
monxes amanuenses copiando documentos.
Cando a
historia se fixo pública, a maior sorpresa para os italianos foi descubrir que
unha daquelas estatuas eternamente novas, Gino Bartali, "alfiere
del ciclismo fascista", era o correo entre os distintos puntos da
rede. Transportaba pasaportes e visados falsos durante os seus entrenamentos,
de mosteiro en mosteiro, escondéndoos no cadro baleiro da súa bicicleta.
xoves, 5 de decembro de 2013
Costumbres de seducción do pingüino de Adelia, segundo o sub-sub-bibliotecario Cherry
One day there had been a blizzard, and lying open to the view of all was a deserted nest, a pile of coveted stones. All the surrounding rookery made their way to and fro, each husband acquiring merit, for, after each journey, he gave his wife a stone. This was the plebeian way of doing things; but my friend who stood, ever so unconcerned, upon a rock knew a trick worth two of that: he and his wife who sat so cosily upon the other side.
The victim was a third penguin. He was without a mate, but this was an opportunity to get one. With all the speed his little legs could compass he ran to and fro, taking stones from the deserted nest, laying them beneath a rock, and hurrying back for more. On that same rock was my friend. When the victim came up with his stone he had his back turned. But as soon as the stone was laid and the other gone for more, he jumped down, seized it with his beak, ran round, gave it to his wife and was back on the rock (with his back turned) before you could say Killer Whale. Every now and then he looked over his shoulder, to see where the next stone might be.
Decíamos ontes que Cherry-Garrard era un dos nosos. "The Worst Journey In The World" está cheo de referencias ó honor e á covardía (propia, mind you), e dunha humildade tan grande que parece falsa.
E cando trata temas científicos o seu libro parece un examen dos que facíamos na ESO, intentando escribir todo o que sabíamos de cada pregunta aínda que desbordase o espacio para a resposta, pedíndolle ó profesor que nos deixase usar máis folios e quedarnos durante o recreo para acabalo a gusto: o nome científico dos animais, a época de cría do pingüino Emperador(1), a historia da exploración antártica, as costumbres de seducción do pingüino macho de Adelia(2), que lle da á hembra unha pedriña de cuarzo para que comece a construir con ela o nido común, as temperaturas máxima e mínima de cada día...
Ás veces permítese rebaixa-lo tono e bromear, coma na escena que vos copiei ó principio. Noutro capítulo conta cómo uns pingüinos tratan de razonar, righteously indignant, cunha xauría de cans famentos. En xeneral fala con moita simpatía dos pingüinos, ós que identifica con ingleses coma el, patosos e ever so British pero resistentes. "Take it all in all" -dice, por exemplo- "I do not believe anybody on Earth has a worse time than an Emperor Penguin".

Agradécense os toques de humor, sobre todo porque Cherry escribiu o libro como terapia para a depresión, e avanza por el con dificultades, arrastrando o sentimento de culpa sobre neve suave, os esquís afundíndose si se para a pensar.
Aínda que curou da depresión clínica, os remorsos duráronlle toda a vida e foi deixándose envellecer, patoso, estirado, victoriano, cada vez máis tímido e máis recluido na casa familiar, enfermo, covarde, simplemente esperando a que o tempo pasase. Hasta que ós 50 anos se permitiu rebaixa-lo tono, e embarcouse nun cruceiro por Noruega.
Estando nel, para a súa sorpresa, enamorouse dunha rapaza. Nunha das escalas en terra poideron zafarse do resto dos turistas e ir pasear a solas. Sentáronse un a carón doutro nun parque e, sin que ela entendese aínda por qué, Cherry estendeu o brazo e púxolle na palma da man unha pedriña de cuarzo.
REFERENCIAS:
"El peor viaje del Mundo", de Apsley Cherry-Garrard
"The Worst Journey in the World", de Mark Gatiss
(1) Aptenodytes Forsteri, da familia Spheniscidae, orden Sphenisciforme. Descuberto por George R. Gray, cuio irmán foi o primeiro coleccionista de sellos do mundo.
(2) Pygoscelis Adeliae, da mesma familia, orden e clase(3) que os anteriores. Deben o seu nome a Adelia, esposa de Jules Dumont D'Urville; un señor quese parece moito a Colin Firth, como xa señalei nunha entrada futura.
(3) A clase é a das aves, claro.

sábado, 30 de novembro de 2013
As dúas personas que se compraron pasaxes na expedición de Scott.
Pacman, o de Radiochips, fundou o seu blog en octubre do 2009. Acaba de cumplir catro anos escribindo a diario sobre radio e aínda non se atreveu a publicar unha entrada dedicada ó seu programa favorito.
Creo que en principio a idea de facerlle xustiza a un programa que o acompañara semana a semana durante anos lle resultaba moi grande; despois simplemente encontrou a maneira de seguir adiante, e nunca falou del. Supoño que xa non o fará.
Eu tamén teño un tema fetiche, que me sobrepasa e que, ademáis, xa foi contado e reinterpretado por outros millores ca min, con máis coñecementos, máis talento, máis pasión. Si queredes coñece-la historia do Terra Nova podedes ler a Javier Cacho, a Ranulph Fiennes, a Wheeler, Huntford, Cherry-Garrard ou ó propio Scott.
Si queredes ler sobre o programa de cine da SER algún sitio haberá onde facelo, tamén. Pero Pacman non escribiu ningunha entrada titulada "El Cine en la SER", ou "El Cine de Lo Que Yo Te Diga". Sí que escribiu, en cambio, unha sobre María Guerra, outra sobre Notas de Cine, dúas entrevistas a Antonio Martínez...

E así sigue adiante, catro anos despois, a un ritmo envidiable, bordeando o seu gran reto de vez en cando con pequenos textos, como recortando a poucos por unha liña de puntos, ata que acabe perfilando a súa forma completa e ós lectores sólo nos quede enche-lo furado vacío no medio do papel.
Leín nalgunha parte, e é unha frase que me gusta moito, que a única maneira honesta de nadar é mar adentro. Sona ben, ainda que non estou seguro de que seña verdade; pero por hoxe, para empezar, deixádeme falarvos de "Titus" Oates e Cherry-Garrard.
Dos dous, o meu favorito é Apsley Cherry-Garrard, porque era torpón e miope, e tan covarde e falto de vontade como calquera de nós. Era o único fillo varón entre cinco irmás de Apsley Cherry, very model of a modern Major-General e heroe de dúas guerras, que acababa de morrer deixándolle unha herencia coa que podería dedicar o resto dos seus días a discutir co seu maiordomo sobre a conveniencia de usar salacot nas batidas de caza de zorro.
Entre outras cousas, ademáis da mansión familiar de Denford Park en Berkshire, que xa de por sí era tan grande que cabía nela unha boarding school, heredaran outra mansión, Lamer Park en Hertfordshire, a cambio de incorporar ó apelido orixinal da familia o Garrard dunha tía avoa solteirona, para que non se perdese. Esa era a clase de preocupacións que aflixían á súa familia, pero Cherry non tiña intención de vivir nos caseróns familiares protexido entre faldas e co fantasma condecorado de seu pai mirando sobre o seu hombro.
Unha noite de verán en 1907 coñeceu a un amigo da súa familia, chamado Edward Wilson. Este era xa explorador polar recoñecido, veterano da primeira expedición de Scott á Antártida, e estaba organizando unha segunda na que el sería o xefe científico.
Cherry oiuno falar da gran aventura do continente de xeo, de esforzo, de camaradería e disciplina; ofreceuse voluntario sin dudalo, aquela mesma noite. Pero Wilson buscaba científicos e militares, homes formidables ós que poder fia-la súa vida, e Cherry era un pipiolo de 21 anos extremadamente miope e recién salido de Oxford cun título de Historia Clásica completamente inservible no xeo. Deixando a un lado o sempre incómodo tema do diñeiro, era to all intents and purposes un dos nosos, non valía. Wilson explicoullo o máis cortesmente que puido, deslizou unha promesa vaga de que trataría de convencer a Scott, e seguiu cos seus asuntos.

Entonces Cherry-Garrard, playing to his strenghts, decidiu facerlles unha donación de mil libras da época. A partir de aquí a escena pode leerse segundo o cinismo de cada un coma un divertido baile de amagos, sobre todo porque os protagonistas eran mesurados aristócratas británicos. Scott necesitaba diñeiro e non podía renunciar a unha cantidade tan importante, pero non quería levar no seu barco a alguén incapaz de recoñecer a unha persoa a dez metros; así que fixo o equivalente cortés e educado de decirlle a Wilson "¡Agárrame! ¡Agárrame porque lle devolvo os cartos!". Cherry-Garrard, pola súa parte, puxo o cheque sobre a barra do bar cun comedido manotazo, decindo: "¡De eso nada, aquí invito eu, que os cartos están para gastalos!"; e Scott prometeu reconsidera-la súa candidatura, repentinamente impresionado polo amor á ciencia do xoven Cherry-Garrard.
Esta é solo unha maneira de ver o que pasou, claro, pero o caso é que Cherry acabou embarcado no Terra Nova cun posto de axudante de zoólogo que o colocaba baixo a ala protectora de Wilson. E visto así hasta agora o resumo pode ser que un rapaz rico se comprou unhas vacacións de aventura, pero a partir de aquí Cherry portouse como debía: nunca olvidou que no fondo non merecía ser parte da expedición, e esforzouse durante toda a viaxe por ser afable e entusiasta, sacarlles de encima traballos pesados ou engorrosos ós seus compañeiros, sempre cun sorriso e unha palabra de ánimo. E non recurriu á autoxustificación, pese a que non era o único que pagara unha donación de mil libras para ir á Antártida con Wilson e Scott.

O outro, "Titus" Oates, sí que era un home formidable. Alto, forte, Capitán do Sexto de Dragóns de Inniskilling para máis señas, e en xeral un tipo con cuajo: veterano da Guerra dos Boers, durante unha batalla foi chamado dúas veces a rendirse, dándose o gustazo de contestar "We came to fight, not to surrender". Despois foi nominado á Gran Cruz de Victoria, posiblemente solo por esa frase.
Incluso tiña unhas borracheras bastante simpáticas nas que lle daba por citar a Homero. Cópiovos a narración que fai Cherry en "The Worst Journey in the World" da festa que fixeron no comezo dun inverno polar:

"Titus got three things which pleased him immensely, a sponge, a whistle, and a pop-gun which went off when he pressed in the butt. For the rest of the evening he went round asking whether you were sweating. "No." "Yes, you are," he said, and wiped your face with the sponge. "If you want to please me very much you will fall down when I shoot you," he said to me, and then he went round shooting everybody. At intervals he blew the whistle.
He danced the Lancers with Anton (..). We had a milk punch, when Scott proposed the Eastern Party, and Clissold, the cook, proposed Good Old True Milk. Titus blew away the ball of his gun. "I blew it into the cerulean -how doth Homer have it?- cerulean azure, hence Erebus." As we turned in he said, "Cherry, are you responsible for your actions?" and when I said Yes, he blew loudly on his whistle, and the last thing I remembered was that he woke up Meares to ask him whether he was fancy free.
It was a magnificent bust."
Ademáis, como capitán da cabalería lixeira, era un home moi indicado para ocuparse dos ponis. Scott nunca se levou ben con el, pero sempre o recoñeceu coma un dos
mellores da expedición e escollleuno para a partida final ó Polo.
Según o diario de Scott, durante a viaxe de regreso Oates resentiuse dunha vella lesión de guerra que nunca mencionara por temor a que lle prohibisen participar na expedición; a súa situación empeorou rapidamente e despois dunhos días, ó ver que estaba ralentizando a todo o grupo, saliu da tenda en plena ventisca camiño dunha morte segura despois de decirlles ós seus compañeiros, demostrando un talento envidiable para a cita histórica: "I am just going outside, and it may be some time".

Qué frase, por dios, qué flema británica, qué magnífico especimen.
Entonces, ¿por qué alguén tan válido e desenvolto, a very gallant gentleman que perfectamente podería ter participado polos seus propios méritos, decidiu pagar para asegurarse un sitio na expedición?
E agora mesmo debería estarvos contestando a esa pregunta, pero antes deso quixen comprobar un último dato, e a historia acábaseme de descuadrar completamente. Son as tres da mañá, levo horas escribíndoa, e solo me quedaba unha frase; íbavos pegar un mazazo e deixar ahí a historia.
A frase era: "Pagou mil libras do seu peto, unha fortuna, para escapar de Inglaterra e poñer toda a Terra de distancia entre el e unha pícara de 12 anos á que acababa de deixar embarazada".
Volvede atrás, unide os puntos. "¿Eres responsable dos teus actos?"- preguntaba Oates na festa, coma un Ahab- "¿Estás libre de preocupacións?"

Case me sale, pero resulta que é mentira. Oates nunca chegou a saber que tivera unha filla, si é que era súa definitivamente. Esa frase é solo un retazo desfiado, un trozo cortado a cegas entre punto e punto que desfigura o perfil. Peligros de nadar onde fas pé e mirar o infinito do mar desde a plaia.
REFERENCIAS:
"El peor viaje del Mundo", de Apsley Cherry-Garrard
"Captain Oates" de Michael Smith
"Antarctic hero Oates 'fathered child with girl of 12'", The Guardian
"El peor viaje del Mundo", de Apsley Cherry-Garrard
"Captain Oates" de Michael Smith
"Antarctic hero Oates 'fathered child with girl of 12'", The Guardian
xoves, 28 de novembro de 2013
O caso de Ángel Serafín de Dios
"Serafín de Dios". Fixeime ó pasar por diante da placa, pero non fun moito máis aló de preguntarme si serían realmente os seus apelidos, si non sería unha casualidade moi grande. Despois, na clase, por non atender ós pórticos hiperestáticos, estuven pensando no cartel, e máis específicamentene nesa "A.", e esto é o que se me ocurriu:
Veredes, dame a sensación de que no colexio ou na mili se tiveron que burlar do bon de A. por ser un Serafín de Dios. Partindo desa base, si se chamara Antonio, ou Andrés ou Andrea, bastaríalle con poñer na placa soamente o nome e o primeiro apelido, "Antonio (ou Andrea) Serafín", e non tería que revivi-los seus traumas xuveniles. A única explicación que se me ocurre é que tivese que resignarse a poñe-lo apelido completo -pese ás malas memorias- porque a alternativa era peor e o seu nome é Ángel. Esto é, Ángel Serafín de Dios.
Si ese fose o caso, pódese pensar que hai ademáis unha certa lóxica en que os pais se decidisen a poñerlle Ángel. Si a Divina Providencia dispuxo que o home Serafín encontrase no seu camiño a unha pía muller de Dios e xurdise o amor, ¿non sería acaso eso unha proba da existencia divina, non sería unha revelación, un milagre? ¿Non era acaso xusto e necesario que lle consagraran ó seu fillo varón para corresponde-la honra de ter sido tocados coa gracia divina?
É máis, pregúntome si o apelido Serafín non será a marca sacra que unxe a unha estirpe de santos varóns que se foron pasando de xeración a xeración, dun mortal eslabón da cadena ó seguinte, o deber celestial de encontrar unha muller co improbable apelido "de Dios", para con ela enxendrar a un anxo, a un ser bon e puro. Imaxínoos vixilando nas sombras á familia de Dios, polos siglos dos siglos protexéndoos coma anxos gardiáns ata que chegase o momento exacto, a diferencia de idade precisa, a xeración adecuada.
E imaxínoos infinitamente fermosos e rindo con sorrisos dúas veces seráficos, mirando a través do cristal da sala de maternidade do hospital á pícara de Dios, bendita entre tódalas mulleres, mentras acariciaban cariñosamente o pelo do neno Serafín ó que lle correspondería a misión de enamorarse dela.
Ata non fai moito, era artículo sabido que os nenos non bautizados, incluso os neonatos, iban ó paraíso directamente. Nos anos finais da súa vida, sin embargo, o Papa Wojtyla decretou que, ó non ter recibido a gracia de Dios, non poderían ir ó ceo e terían que espera-lo xuízo final no limbo. Creo recordar que tal revelación se lle fixo tan cruel ós cristianos que Benedicto, pouco despois de ser unxido, lles volveu concede-las chaves do ceo.
Chámenlle como lle chamen, supoño que ambos saben que en realidade os pícaros van á Coruña, a un 5º piso onde, nunha sala de espera similar á da consulta dun pediatra ou dun psicólogo infantil, o especialista en niños os vixila eternamente, mentras sona o fío musical.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)