xoves, 28 de novembro de 2013

O caso de Ángel Serafín de Dios

"Serafín de Dios". Fixeime ó pasar por diante da placa, pero non fun moito máis aló de preguntarme si serían realmente os seus apelidos, si non sería unha casualidade moi grande. Despois, na clase, por non atender ós pórticos hiperestáticos, estuven pensando no cartel, e máis específicamentene nesa "A.", e esto é o que se me ocurriu:
Veredes, dame a sensación de que no colexio ou na mili se tiveron que burlar do bon de A. por ser un Serafín de Dios. Partindo desa base, si se chamara Antonio, ou Andrés ou Andrea, bastaríalle con poñer na placa soamente o nome e o primeiro apelido, "Antonio (ou Andrea) Serafín", e non tería que revivi-los seus traumas xuveniles. A única explicación que se me ocurre é que tivese que resignarse a poñe-lo apelido completo -pese ás malas memorias- porque a alternativa era peor e o seu nome é Ángel. Esto é, Ángel Serafín de Dios.
Si ese fose o caso, pódese pensar que hai ademáis unha certa lóxica en que os pais se decidisen a poñerlle Ángel. Si a Divina Providencia dispuxo que o home Serafín encontrase no seu camiño a unha pía muller de Dios e xurdise o amor, ¿non sería acaso eso unha proba da existencia divina, non sería unha revelación, un milagre? ¿Non era acaso xusto e necesario que lle consagraran ó seu fillo varón para corresponde-la honra de ter sido tocados coa gracia divina?
É máis, pregúntome si o apelido Serafín non será a marca sacra que unxe a unha estirpe de santos varóns que se foron pasando de xeración a xeración, dun mortal eslabón da cadena ó seguinte, o deber celestial de encontrar unha muller co improbable apelido "de Dios", para con ela enxendrar a un anxo, a un ser bon e puro. Imaxínoos vixilando nas sombras á familia de Dios, polos siglos dos siglos protexéndoos coma anxos gardiáns ata que chegase o momento exacto, a diferencia de idade precisa, a xeración adecuada.
E imaxínoos infinitamente fermosos e rindo con sorrisos dúas veces seráficos, mirando a través do cristal da sala de maternidade do hospital á pícara de Dios, bendita entre tódalas mulleres, mentras acariciaban cariñosamente o pelo do neno Serafín ó que lle correspondería a misión de enamorarse dela.
Ata non fai moito, era artículo sabido que os nenos non bautizados, incluso os neonatos, iban ó paraíso directamente. Nos anos finais da súa vida, sin embargo, o Papa Wojtyla decretou que, ó non ter recibido a gracia de Dios, non poderían ir ó ceo e terían que espera-lo xuízo final no limbo. Creo recordar que tal revelación se lle fixo tan cruel ós cristianos que Benedicto, pouco despois de ser unxido, lles volveu concede-las chaves do ceo.
Chámenlle como lle chamen, supoño que ambos saben que en realidade os pícaros van á Coruña, a un 5º piso onde, nunha sala de espera similar á da consulta dun pediatra ou dun psicólogo infantil, o especialista en niños os vixila eternamente, mentras sona o fío musical.

xoves, 21 de novembro de 2013

Trenco perdido (e III)

Vén do capítulo anterior
Xa mencionei que sentía un desprecio personal polos corredores, pero en realidade o problema que lles vexo está moito máis xeneralizado.
Recordo que nos contaron na visita de obra á A-8 que cambiaran a saída orixinal da Espiñeira por si se facía un corredor a Viveiro. Esto pasou a principios da década pasada, e supoño que sería unha boa idea. No momento parecéunolo, pero ese era o clima. Nas clases ensinábannos que as infraestructuras eran focos de crecemento, que as boas conexións atraían negocios por si mesmas, que os presupostos dos proxectos se cadraban co futuro beneficio social. Si lo construyes ellos vendrán
O problema é ese optimismo, a busqueda da profecía autocumplida O planteamento detras dos corredores semella razonable: faise a plataforma coas dimensións dunha autovía, deixando construidas tódalas estructuras, pero constrúese en principio soamente unha das calzadas, que queda funcionando coma carretera.
Pero non fan ben ese traballo. Están trazadas coma unha autopista, sin ter en conta a necesidade de adiantar, e pídenche que vaias a 120 pero prohíbenche pasar de 100. Son peores que as carreteras que deberían sustituír, e a única solución é fuxir cara adiante, unha vez máis, e acabar de construi-las autovías. Entre Sarria e Monforte, entre A Espiñeira e Viveiro.
Agora, despois de cinco anos en recesión, o país parece non ter cartos para paga-lo estado de benestar, o presuposto de Fomento baixa xeométricamente cada ano e as posibilidades de que acabe existindo unha autovía entre A Espiñeira e Viveiro vense diminutas dende o volante do meu Clío.
E aínda así, un intenta non ser moi fatalista porque pensa que o que hai que facer é aguantar máis ou menos o que a vida lle pon por diante e seguir avanzando; pero mentras sae da autovía e se ve cruzando a calzada por debaixo dunha ponte e circulando aínda 800 metros máis por unha clotoide interminable construida exclusivamente porque había que facerlle sitio a un puñetero corredor antes de chegar á rotonda na que dunha vez por todas consigue da-la volta, solo para inmediatamente despois ter que volver repeti-lo camiño pola mesma clotoide e outra vez por debaixo da autovía e despois por arriba, coma un parvulito aprendendo a ata-los tenis, ve perfectamente clara, coma McKie, unha liña zigzagueante de causas e consecuencias que parte dos desempleados de Alabama que recibiron hipotecas subprime e cruza o globo de punta a punta, pasando por Harry, Emanuel e Mayer Lehman, Angela Merkel e o BCE ata chega ós que proxectaron o corredor de Viveiro, un complot internacional que tardou varios anos en producirse e costou millóns de dólares para crear un enorme furacán noutra punta do mundo e facer con el que unha pequena avelaíña aletease un pouco na Espiñeira e me jodese a tarde.

My week in my room in Barcelona


Caio no pecado da morriña demasiado facilmente. Fíxome nos bares con nomes galegos, hai moitos aquí.  Ontes puxen Radio Galicia en internet. Estaban dando as esquelas de Santiago. Morreu unha señora en Bornais. Debaixo da miña casa hai un bar chamado "Ria de Viveiro". Está rexentado por unha familia de chinos.

Creo que Neil Hilborn sobreactúa o tema das enfermedades mentales: transtorno bipolar, T.O.C... algún día acabaránselle. De momento faino ben, eso sí.
Non me acaba de caer ben, Neil Hilborn. Creo que "O.C.D" é un canto ó egoismo do home encerrado en sí mesmo que busca unha moza que o complete e o manteña con vida. É bonito, aínda así, para poñelo en sesión doble con "The type"; claro que ése ten cinco millóns menos de visitas.

Por moito que me guste a idea, creo que o formato dos panel shows non pode ser importado a España. Non imaxino a Leo Harlem e Anabel Alonso tendo esta conversa:
"- There's this quote by Albert Camus, the miserable French writer, philosopher, pipe smoker...
- Goalkeeper...
- Goalkeeper! That's what I was looking for! And he says that: "in the depths of winter, I realised that within myself there was an invincible summer". And it's so awesome! But it's also meaningless, 'cause that's not true, it was still winter 'til the middle of June. But it's beautiful, isn't it?
- I worry sometimes I've got a drizzly autumn inside...
- I'm just like a Russian doll of winter. Open me up and there's more and more ice, coldness and despair."

Escoiteille esto a Neil Gaiman entontes, na miña cabeza:
Dogs are great. You can write with a dog in the room, 'cause if you write with a dog in the room they look up at you and they go: "I bet you're writing something brilliant. I wish I could read, 'cause I'd read the thing you're writing and it's brilliant"
Cats actually do come up. And they look at the screen. And then they walk away and you know they're thinking "Why would you use a semicolon there?
They are transvestite hermaphrodites representing absolutely nothing. All they do is show you've been to college."

martes, 19 de novembro de 2013

Cabeza de Vaca, Currículos Vitae, unha colección de periódicos e viaxes no tempo.

Álvar Núñez Cabeza de Vaca formaba parte dunha flota de cinco naves e uns 600 colonos que saliron de España en 1527 coa ambición de conquistar Florida e establecer como gobernador ó seu lider, Pánfilo de Narváez, cuio nome, admitamos, non invitaba ó optimismo.
Menos aínda o facían, por outra parte, os seus antecedentes. En 1518 fora enviado polo gobernador de Cuba para frenar a Hernán Cortés, que pretendía conquistar México sin permiso do Rei, e non soamente fracasara pese a superalo en número, perdera un ollo e fora feito preso durante dous anos, senón que no proceso introducira a viruela no continente americano.
De todas formas nosoutros tíñamos unha vaga idea de que os españois conquistaran América con moita facilidade e foran reverenciados como deuses, e ademáis sabiamos que Cabeza sobrevivira para narra-la súa historia (nun libro chamado, por outra parte Naufragios); así que ó principio non lle dimos moita importancia a tódalas desgracias coas que iban tropezando. Sobreviviron desercións masivas e dúas tormentas tropicales antes incluso de tocar continente americano, pero seguimos adiante, asumindo que á larga serían pequenos problemas, dando por descontada a conquista de Florida.

Fai unhos anos, por cousas da vida, acabei xuntando nunha esquina da habitación un montón de números do País. A forza de ver medra-lo montón semana a semana foime percolando a idea de que estaba acumulando algo importante, creando un mapa do mundo. No tempo que me levaba pasar unhas follas, Obama era presidente dos EEUU ou simplemente un candidato que lle podería dar guerra a Hillary Clinton. Bardem estrenaba unha película dos Coen e gañaba o Óscar por ela uns minutos máis tarde. Ata media altura do montón non había iPhones, por increible que pareza, e unhas páxinas máis abaixo xa non existía Lehman Brothers e Sarkozy iba reinventa-lo capitalismo.
Ó final tuven que tirar os periódicos, evidentemente, pero non podía mandar todo á basura sin máis, tiña nas mans a explicación da burbulla inmobiliaria e da crisis da socialdemocracia europea, o boom de Facebook, a morte de Sadam Hussein. Decidín repasa-la pila enteira e refinala, salva-las noticias máis importantes e os mellores artigos.
Pero cando acabei aínda quedaba unha cantidade considerable de recortes e follas soltas, e non sabía moi ben qué podía facer con elas, así que pensei que o único camiño válido era hacia adiante e a única maneira honesta de nadar era mar adentro: seguiría depurando, conservando desta vez soamente as noticias que tiveran cambiado o mundo, solo os fragmentos máis redondos dos mellores artigos e reportaxes. Podería ter seguido ata quedarme solo cun pronome ou cun signo de admiración como resumen final de 2007, pero nalgún punto daquel proceso continuo de refino dinme conta de que o único que estaba a facer era tirar moi rebuscadamente os periódicos ó lixo.
De igual maneira, en "Naufragios" ós españois íbanselles caendo trozos da súa brillante armadura de Conquistadores con cada ataque indio pero eles seguían adiante, derrota a derrota, acumulando heroismo de cara a victoria final, converténdose a poucos nunhos pobres infeliciños perdidos a medio mundo de distancia da súa casa e coa necesidade de alguén que os rescatase.
Finalmente, a balsa na que iba Cabeza de Vaca separouse da de Pánfilo, que desa maneira desapareceu do libro para non volver, e cando Cabeza tocou por fin o Novo Mundo, terra de oportunidades e futura home of the braves, foi capturado sin solución de continuidade pola primeira tribu de nativos que pasaba por alí.
A veces téñome preguntado para qué serviría unha máquina do tempo que solo se movese hacia adiante. ¿Pensástedelo algunha vez, qué utilidade real tería unha máquina coa que soamente poidésedes facer fast-forward da vosa vida?
Por exemplo, si a Cabeza de Vaca de súpeto lle entrase unha inspiración divina, descubrise cómo facer milagros e pegase un salto no tempo de sete anos, veríase aínda nas mans dos mesmos indios que o acababan de capturar. Descubriría que a súa vida mellorara, que non o trataban mal e incluso confiaban dabondo nel para empregalo coma diplomático ou comerciante coas tribus veciñas, pero ¿qué gañaría con eso? Foran os sete anos de sufrimento e traballo os que o permitiran chegar ata alí, e seguiría tendo que pasar por eles.
Nosoutros, sin embargo, podemos saltaricar coa lixeireza que queiramos pola súa vida. Témolo facil: caen dictadores e gáñanse Copas do Mundo ó pasar unha páxina. Unhas cantas follas máis adiante, encontrarémolo embarcado hacia España despois de camiñar desde Florida a Cidade de México, e cunhas ganas tremendas de chegar: naquel momento era un noble relativamente rico, veterano na rexión e que sobrevivira heroicamente a sete anos de cautiverio; estaba nunha posición inmellorable para que o Rei o nombrase Gobernador de Florida.
Pero o barco que o levaba soamente parou nas Canarias antes de volver directamente a América, así que Cabeza de Vaca veuse retido en Tenerife sin posibilidade de chegar a Madrid nun par de meses. Tal vez desexase saltar no tempo, pero como non sabía facer milagros decidiu aproveitar os meses que tiña que estar alí para escribir a crónica das súas aventuras coa aspiración de facer méritos en Corte para reclamar o posto.
Así que temos a Cabeza nun doble punto espacio-temporal: por un lado deixáramos marcado cun dedo unha páxina do libro na que sobrevivía moi frugalmente, apoiado na súa inquebrantable fe e traballando como mercader en Florida; e por outro, leémolo uns anos máis vello e en Canarias, describíndo cómo comerciaba cunha tribu rival, para demostrar as súas dotes diplomáticas, cando un compañeiro seu recibiu un flechazo, porque era tamén un home capaz de afrontar perigos.
Visto coa perspectiva que da ser viaxeiros no tempo, a verdade é que o libro iba resultando sospeitoso conforme o líamos, porque Cabeza de Vaca non paraba de acertar continuamente, dando os consellos máis adecuados para que despois Pánfilo os desperdiciase e todo fora invariablemente mal unha e outra vez. De todas maneiras non estaba facendo outra cousa que decora-lo CV ata entón, nada grave: coñecementos de informática, inglés medio... Pero nese momento, mentras observaba o Teide buscando algunha palabra que se lle escapara, decidiu que in for a penny, in for a pound: si solo tes unha oportunidade de venderte ben diante do Rei, máis che vale non quedarte corto. Así que pegou un salto temporal a cinco anos antes, taponou coas mans o corte do seu amigo, rezou un Padrenuestro e, ó levantalas, a ferida milagrosamente desaparecera.
E desa maneira, despois de sete anos pasando penurias entre os nativos tempo durante o cal, é de supoñer, non conseguiría sacarse de encima ese picor de ter algo na punta da lingua, de boas a primeiras recorda que é capaz de facer sanacións místicas.
Qué pena non terse dado conta, é de supoñer que pensa nese momento, a tempo para salvarlle a vida a tódolos compañeiros de expedición que se foron morrendo arredor seu. O maior esprit d'escalier da Historia. Qué pena non poder viaxar ó pasado, sanalos a todos, revivilos, protexer ó seu líder e facelo Gobernador e decirlle "Tú eres Pánfilo, y sobre este pánfilo construiré mi imperio". Pero un é simplemente humano, pensa, e pasa páxina.
E na páxina seguinte vese a si mesmo ascendendo na escala social da tribu, hasta converterse nun lider, nun profeta. E unha máis aló viaxa de pobo en pobo polo sur do que agora son os Estados Unidos arrastrando fieles consigo, camiñando sin necesidade de comer nin durmir, sanando xente e predicando. Unhas páxinas máis e cruzará o deserto de Sonora como o santo patrón dun exército de indíxenas capaz de conquistar Cidade de México, e forzará ó Gobernador a mandalo a España no primeiro barco que saia de México, con cartos de sobra e unha carta de recomendación. E finalmente verase a si mesmo 8 anos despois, convertido nunha singularidade cuántica, mirando o Teide desde a cuberta do barco que o leva ó seu posto de Adelantado de Buenos Aires e rememorando o día que inventou un milagro.



REFERENCIAS:
"Naufragios y comentarios", de Álvar Núñez Cabeza de Vaca
 "The Balmis Expedition: Using orphans to combat smallpox", capítulo de Futility Closet

luns, 18 de novembro de 2013

Trenco perdido (II)

Vén do capítulo anterior
Mentras buscaba na radio do coche un aria de ópera coa que facer a miña entrada triunfal na autovía, o carril de incorporación polo que iba púxose a xirar sin avisar. Sin que mediase provocación, de repente. Parou de facelo cando me colocou exactamente no sentido equivocado, e antes de que me dese conta tíñame escupido a traición na autovía en dirección a Oviedo.
Esta vez aínda me quedaba algo de resignación a man, así que mo tomei máis ou menos ben. Despois de todo, o único que tiña que facer era da-la volta no seguinte paso superior e disfrutaría dunhos minutos máis de propina pola autovía.
Igual vou volver a tomar un desvío sin saber moi ben ónde acaba, pero falando de pasos superiores creo que merece a pena mencionar que me gustan. Bastante, quero decir, falando en termos relativos; máis aló do desprecio case personal que sinto polos corredores non teño ningunha pasión no que respecta á obra civil.
Pero un paso superior paréceme unha unidade de obra moi sinxela, que  resolve un problema complicado con simpleza; incluso diría que con elegancia. Antes de chegar ó paso hai un desvío á dereita de cada calzada, que vai acabar nunha rotonda e enlaza a través dela cunha ponte sobre as calzadas, e así tamén coa rotonda simétrica e cunha incorporación á esquerda da calzada contraria. É máis dificil explicalo que circular por el, o conductor faino intuitivamente. Cada parte do mecanismo encaixa perfectamente coa anterior, cumple a misión co mínimo esforzo necesario.
Os eslabóns da cadea lóxica de McKie, pola súa parte, vanse unindo algo máis daquela maneira. Acaba, claro, co capitán e mailos seus compañeiros atrapados durante unha semana na súa tenda por culpa dunha tormenta; ese é o final da viaxe e é innegociable.
Antes de chegar aquí, McKie razona que a tormenta non os tería atrapado de non ter perdido moito tempo ó principio do camiño de volta. Scott deixou escrita no seu diario a súa preocupación por esta lentitude inicial, da cal culpaba á desilusión por que os batisen nunha conquista que eles vían como súa por dereito.
Os ingleses oran os que máis contribuiran á exploración da Antártida, dende Cook e Ross a Scott e Shackleton. Descubriran o mar de Ross, unha gran polinia navegable que acortaba centos de millas o viaxe terrestre; a illa de Ross, que constituía o mellor abrigo para un campamento; e o glaciar Beardmore, a maneira máis practicable de ascender á barreira de xeo dende a illa; pero os noruegos roubáranlle-la honra no último momento. A partir desto, McKie prosigue a súa liña de razoamentos en sentido contrario indo a Noruega.
De volta ó meu propio camiño, mentras tanto, estaba comezando a notar que tardaba bastante en cruzarme con algún paso superior. Xa deixara atrás Vilanova e aínda non vira ningún cartel. Adormecido baixo a manta quente da resignación e todo o que queirades, mentras pasaba por Villamar íba rumiando que debía ter pensado que non podia haber unha entrada á autovía xusto antes do final do tramo. Deberíame ter dado conta.
Noruega independizárase de Suecia en 1905 e tres anos despois necesitaba heroes, grandes fazañas, sentirse importante no mundo. Tratábase dunha nación de navegantes nacidos ós pés do Círculo Polar, herdeiros dos vikingos, así que parecía lóxico que o explorador Roald Amundsen organizase unha expedición para chegar ó Polo Norte.
Pretendía culminar con ela o traballo iniciado polo seu mentor, Fridtjof Nansen, en 1895(1). Incluso lle comprara o seu lexendario Fram para navegar nel cara o Norte. Pero en 1909, cando estaba ultimando os seus preparativos, dous exploradores estadounidenses declararon que chegaran ó Polo. Co tempo demostrouse que ambos mentían, pero no momento Amundsen veuse cunha expedición organizada e financiada e ningunha gloria esperándoo no Ártico. Decidiu entonces fixa-lo Polo Sur coma novo obxectivo da expedición. nunha decisión desesperada, unha fuxida cara adiante que McKie pinta como foi elemental e practicamente automática dadas as circunstancias.
Desa maneira consigue traslada-la culpa da traxedia dende o que parecía o responsable principal, Scott,  demasiado estirado e estricto, demasiado inglés; a dous americanos, que causan unha desgracia da que non son conscientes por ser individualistas e mentirosos. É, desde logo, unha maniobra moi aparatosa para darlle a volta ó asunto, pero non me diredes que non resulta curiosa.
Pensando nesto volvin á autovía mentras esta entraba nunha ponte, e ahí foi donde caín finalmente. Ese tramo da A-8 é especial, incluso nos trouxeran de visita á obra coa clase de Prefabricación: era o tramo máis corto da autovía,  menos da metade ca os demáis, pero valía o mesmo porque case todo era en viaducto. Para darme conta deso naquel momento me serviu Camiños.
Quedábanme por diante dez quilómetros seguidos de ponte fuxindo cara adiante sen ningunha puñetera posibilidade de da-la volta, cinco minutos máis encerrado na autovía conducindo no sentido equivocado ata chegar por fin á salida da Espiñeira, onde podería dunha vez por todas pecha-lo círculo, poñerme en dirección a Lugo e deixar de face-lo imbécil.
Continúa no capítulo seguinte

REFERENCIAS
"Scott of the Antarctic: the lies that doomed his race to the Pole", de Robin McKie

(1) Obrígame a autovía a explica-la expedición noruega ó Ártico de 1895 de refilón, mentras xa estou pasando de largo; o cal é moi inxusto con Nansen, porque a súa aventura foi unha mostra incrible de elegancia, de swing.
Outros exploradores montábanse nos seus barcos dispostos á guerra co xeo, a abrírense camiño por canais estreitos a codazos, poñendo os motores a toda máquina e chocando unha e otra vez coa mesma parede de xeo ata fendela, subíndose a bandexóns para que se partisen baixo o peso do buque. Compraban barcos rexos e metían neles dinamita e poñían avante toda porque si se paraban demasiado tempo o xeo agarraríaos e inzaría na madeira coma a hedra, e iría asfixiando o barco a poucos.
Pola súa banda, Nansen, all nonchalance and panache, decidiu deixarse abrazar polo xeo. Diseñou e construiu un barco, o Fram, redondo coma unha noz e perfectamente liso e calafateado. Cando o xeo saliu ó seu paso e tratou de agarralo polas xuntas entre as tablas, o barco deslizouse cara a superficie e quedou asentado sobre a plataforma de xeo e, montado nela, foi deixándose levar cada vez máis preto do Polo. Con biblioteca, e comedor con servicio completo. Con electricidade, gracias a un muíño de vento. Con clase.
Pero Nansen decatouse de que a ruta era demasiado zigzagueante, así que decidiu abandona-lo barco e seguir camiño a pé. Pasou dúas invernadas moi duras no Polo durante as que estivo a piques de morrer pero volveu a Noruega convertido nun heroe nacional tras deixa-la marca de furthest North en 3º46'.

domingo, 17 de novembro de 2013

Trenco perdido (I)

Soamente tés que distraerte un segundo. O que dura un parpadeo a destempo, un aleteo de avelaíña. A carretera é así. Perdes a concentración un momento e cando te queres dar conta saltácheste o desvío á autovía e tes que seguir pola Nacional outros vinte minutos.
No cruce da Espiñeira despisteime por unha Berlingo blanca que me viña detrás e tamén porque en xeral tendo a facer cousas desas, e incorporeime á 634 hacia a dereita, en dirección a Lugo, en vez de coller no outro sentido cara á autovía.
Francamente, fastidioume bastante. Acababa de ler un artígo moi curioso sobre a morte de Scott e iba medio apiolado pensando nel, pero levo feito ese camiño centos de veces e xa me debía saír intuitivamente. Ademáis, acostumbro a ir apiolado pola vida e non me perdo tan a menudo.
Intentei da-la volta, pero os apartadeiros que fun encontrando eran demasiado pequenos ou estaban nunha curva, ou tiña un coche pegado ou as tres á vez ou, incluso, eran apartadeiros perfectamente válidos en plena recta, con visibilidade, naide detrás, o ceo azul e un arco iris sinalándome o camiño, pero simplemente me din conta un pouco tarde de máis, un pouco lento de máis, e xa tiña pasado de largo.
Con cada minuto que andaba na dirección equivocada subíame a frustración. O caso é que taba volvendo para Lugo desde a costa, e en último término a nacional valíame perfectamente; pero metéraseme a angolemia de ir pola A-8, e ata que a abran de todo a autovía acábase en Mondoñedo, así que cada quilómetro quitáballe máis sentido á idea de da-la volta. Taba tan cabreado conmigo mesmo que apaguei a radio.
Que non é gran cousa, granted, pero si vas conducindo tampouco é que teñas a man un saco de boxeo ó que pegarlle puñetazos ou, digamos, un polo de goma que estrangular tratando infructuosamente de descarga-la rabia e conseguindo o efecto contrario, ata acabar en pleno ataque de furia homicida apuñalándoo cunha polea. Teste que frustrar baixiño, si vas conducindo. Non facer maniobras bruscas e agarra-lo o volante ás dez menos dez ou ás nove menos cuarto ou cando sexa, ata que co tempo se che acaba caendo encima a resignación, coma unha manta pesada sobre a cabeza que te vai introducindo a poucos nun sono hipóxico e tranquilizador.
Fáltame información sobre a expedición de Scott para saber si o artigo tén sentido ou é unha boutade sin máis. Escribo esto e doume conta de que me estou a meter por outro desvío sin saber ónde acaba. En xeral tendo a facer cousas desas, supoño.
O artigo escribiuno Robin McKie no Guardian en 2009. Non sei, por exemplo, se foi polémico no seu momento ou lle estou prestando eu máis atención da que nunca tuvo, pero o caso é que me resulta curioso: para defender a Scott, ó que se lle acusa moito de incompetencia dende a publicación dun libro de Roland Huntford que tampouco me esforcei por ler antes de lanzarme a escribir sobre o tema, McKie traza unha liña zigzagueante de causas e consecuencias que tarda varios anos en producirse e atravesa o globo de punta a punta. Paréceme demasiado alambicada para creerma de boas a primeiras, pero é un esforzo apreciable, e resúltame moi entretenida.
Pensando nestas cousas seguín camiño, maldecindo a Zenón de Elea. Crucei Villamar e a ponte de Vilanova, e cando acababa de pasala,vin de refilón un cartel azul dos que indican un desvío á autovía. Calculei rápidamente que me quedarían como moito vinte segundos de autovía antes de que se acabase o tramo aberto, así que era bastante ridículo meterme nela agora. Fíxeno, aínda así. Era unha cuestión de orgullo.
Cunha rapidez inaudita en min acabei de bota-las contas, puxen a intermitente, coloqueime no carril do desvío, frenei, reducín unha marcha, encendín a radio, reducín outra marcha, sentinme bastante satisfeito conmigo mesmo e coa miña vida en xeral e dispúxenme a recorre-los meus merecidos 400 metros de autovía non-fucking-chalantly, achuchando bebés e saludando transeúntes pola ventana do coche coma un Papa.
Contínúa no capítulo seguinte

martes, 22 de outubro de 2013

Alamo Gordo

Unha muller fixo que o instituto de Alamogordo, NM onde estudia a súa filla prohibise o mes pasado "Neverwhere", de Neil Gaiman.
Ó día seguinte, un medio estatal deu a noticia, titulándoa "Mai consigue que prohiban libro adulto". No vídeo que acabo de enlazar, cunningly concealed among the words, unhos presentadores introducen a noticia centrándose no punto de vista da muller e no seu "logro" (unha mai gana a batalla e obliga a unha institución a cambiar a súa actitude), e despois entra a reportaxe en si. Cito:
“It's a book the Arizona Daily Star says it's ‘seasoned with a very adult dose of horror’. Flip to page 86 and you'll see exactly what they're referring to”.
Mentras tanto, en pantalla aparecen imaxes de apoio: a cita do Daily Star pódese ler á vez que a reporteira (e comprobar que a parafrasea, pero vaia), despois saen unhos dedos flipping pages, e finalmente a imaxe (con tres palabras censuradas) da páxina 86 do libro. Como non hai menores na sala, vouvos poñer a transcripción do texto; preparádevos para o que a reporteira califica como a very adult dose of horror, a ver si a podedes aguantar:
“The man had his hand inside the woman's jumper, and was moving it around enthusiastically, a lone traveller discovering an unexplored continent.
‘I want my life back’, Richard told the couple.
‘I love you’, said the man to the woman.
‘But your wife-’ she said, licking the side of his face.
‘Fuck her’, said the man.
‘Don' wanna fuck her’, said the woman, and she giggled, drunkenly. ‘Wanna fuck you’. She put her hand on his crotch and giggled some more.”
Hai outra frase terrorífica un pouco máis adiante, esperade: “Anesthesia peered back, curiously, at the couple, who were gradually becoming more horizontal.”
Sí, no libro hai unha personaxe que se chamaba Anestesia; outra fai portas e chámase Lady Door. Da familia Portico, ademáis. E si nos poñemos a pensar, tamén había un Nobody, un Shadow, Death, Dream, Desire, primos tíos e demáis familia. Alguén debería decirllo, a Gaiman.

Volvendo ó vídeo, despois aparece a concerned mother en pantalla, miñaxoia, tan abrumada pola maldade do mundo que se lle puxo cara de conexo diante dos faros dun coche, contestándolle á periodista que non podería ler eso en alto, que é tan malo que non lle parecería apropiado poñelo nas noticias.
E eu, for one, ahí estou de acordo coa muller, a min tampouco me parecería apropiado que se puxese alegremente a lelo en voz alta na tele despois de facer que o prohibisen. Ahora, sería sensacional:
"- Podería lelo en alto?
- O qué? Lelo en alto, por qué?
- Para que poidamos-
- Non, imposible, ni de coña.
- Grabalo, así despois témolo... grabado en vídeo... Está- estase negando a lelo?
- Si, claro que me nego, non poido lelo, non me parecería apropiado...
- Pero así dará mala imaxe, non pode aparecer negándose nin siquiera a lelo, a xente pensará que é...
- Qué?
- Bueno, unha meapilas, xa sabe, unha puritana con unha repulsión inexplicable polo sexo-
- Oia, oia!
- .. unha mojigata que te-
- Señora, oia!
- ... que tería que persignarse despois de ler a palabra fuck, e queimaría a xente por bruxería e tal.
- Estase pasando moito da raia, señora!
- Non, eu non. Oia, nada máis lonxe, para nada. Solo digo que será o que pensaría a xente, creo que iría na súa contra... Non queremos que a vexan coma unha integrista, comprende?, senón coma unha mai preocupada
- Pero é que eu non son unha integrista!
- Nonono, claro que non.
- Nin unha meapilas, son perfectamente capaz...
- Claro, claro.
- A ver, traia aquí ese libro, traia: The man had his hand..."

O caso é que nin siquiera é tan escandaloso o texto como para que a situación fose graciosa de todo. Moito millor si se aclarase a garganta, agarrase firmemente o libro nas súas mans e, mirando fixamente a cámara, lese esto:
Squeeze! squeeze! squeeze! all the morning long; I squeezed that sperm till I myself almost melted into it; I squeezed that sperm till a strange sort of insanity came over me; and I found myself unwittingly squeezing my co-laborers’ hands in it, mistaking their hands for the gentle globules. Such an abounding, affectionate, friendly, loving feeling did this avocation beget; that at last I was continually squeezing their hands, and looking up into their eyes sentimentally; as much as to say,- Oh! my dear fellow beings, why should we longer cherish any social acerbities, or know the slightest ill-humor or envy! Come; let us squeeze hands all round; nay, let us all squeeze ourselves into each other; let us squeeze ourselves universally into the very milk and sperm of kindness.
Would that I could keep squeezing that sperm for ever!

martes, 15 de outubro de 2013

My week and some things about which I don't know what to think

A cooperativa de meu padrín chámase "Os Irmandiños". E leva chamándose igual 40 anos, asi que medrei acostumbrado a ve-lo nombre en pins, en gorras, no camión da leite que viña tódolos días a vaciarlle o enfriadero. Nunca se me ocurrira pensar que é aberta, belicosamente nacionalista.
Os Irmandiños, ademáis, están en Barreiros, na Mariña, onde todos falamos gallego: os nombres das tendas, as clases nos colexios, todo eso. Non por decreto, por costumbre.
E agora faigamos a pequena operación mental que vos estou insinuando. En lugar da Mariña, poñamos o Empordà. En vez dos Irmandiños, "Els Segadors", un nome que incluso tería algo máis que ver cunha cooperativa agraria. Eu son incapaz de facela sin, polo menos, sonreir irónicamente. Cóstame un montón valorar a opción de "Happy Birthday, sir, despite the circumstances". So there's that.

Carles Moyà é o novo seleccionador español de tenis. Resúltame frustrante desconocer si o soldo que lle pagarán é público e si está suficientemente capacitado para o posto, porque me da a sensación de que é simplemente un ex xogador famoso e amigo de Nadal ó que lle caeu un traballo do ceo por su cara bonita, pero qué sei eu.

Máis sobre eso: A nota de EFE sobre a novela nova de Pérez-Reverte, que reproducen varios diarios, dice o seguinte: "(...) al preparar esta novela, ha participado en algunas acciones de arte callejero y ha sentido la tensión y el peligro propios de esas actuaciones. Casi como en sus años de reportero de guerra."
Que a culpa do que escriba o periodista non é de Pérez-Reverte, pero sáleme de dentro imaxinalo en modo reportero de guerra intenso con chaleco de petos, mochando parejo cun rapeiro de pantalóns a punto de caerse, comparando o de pintar paredes coa defensa de Cartagena de Indias por Blas de Lezo: "aquello sí que era épica, zagal".

E ata aquí toda a continuidade que había de ter esta entrada; a partir de agora lasciate ogni speranza. Como botón de mostra, outro exemplo de negocio que extrañamente levaba un nome nacionalista: na calle da gasolinera Martínez, en Lugo, había unha inmobiliaria que se chamaba "A Nosa Terra". Genialidad táctica, que dirían en twitter os da 12 de Mourinho.

Os dous nacen a principios dos cincuenta e morren moi novos, a principios dos 2000. Ambos son escritores e supoño que lectores de Dieste. E creo que xa está, así a vuelapluma. ¿Alguén sabe si se podería chegar moito máis lonxe tirando do fío do paralelismo entre Roberto Bolaño e Roberto Vidal Bolaño? ¿Saberá algo Tallón?
 
Un rapaz de 16 anos deixa de estudiar e métese a poñer techos, por exemplo. Traballa catro ou cinco anos ganando cartos, aproveitando a burbulla inmobiliaria, esa situación transitoria pola cal hai demanda de obreiros e lle pagan razonablemente ben, tendo en conta que nunha situación normal había de estar estudiando. Pero el pode axudar na casa, aforrar, e incluso comprarse un coche.
Despois, con 20, a burbulla explota e el volve estudiar onde o deixou. Sigue sendo novo e tén a vida por diante, pero xa estuvo traballando, tén cartos, un certo coñecemento do que valen as cousas, qué sei eu.
Acaba a ESO e métese en FP, por exemplo. Ou incluso, para sacudirvos os prexuízos de clase, acaba o BAC e fai un grado en Ingeniería da Edificación. Hasta semella razonable.

Cando mataron a Kennedy, a miña bisavoa díxolle ó meu pai que había que rezar un rosario por el, porque era "un bon home que non trataba mal ós negros". "Miña abuela", reflexionaba meu pai despois de contarmo, "que vivía no rego e iría unha ducia de veces na súa vida a Lugo en coche de cabalos... tu mira hasta onde chegan".
Hoxe contoume qué estaba facendo cando estoupou o coche de Carrero Blanco. Acababa de cumplir 15 anos. Foi a primeira vez que escoitou a palabra ETA.

"Alaya, pepera/ métete en la lechera", parece ser que lle gritaban, demostrando que a dictadura da rima constriñe inevitablemente ó poeta. Unha poesía de verso libre, máis orgánica, sería máis apropiada: "Alaya, pepera/ dimitídequé, dimitídequé, dimitetú", por exemplo.

venres, 11 de outubro de 2013

Pero son tan tontos, Lamia

Chapotea con algunha metáfora na orilla mentres tararea unha rumba, pero ata que se pon a falar de si mesmo non solta a man e comeza en serio a escribir. Enumera tódalas cousas que fixo durante as vacacións coma nunha redacción de colexio: foron moitas, e foron pretenciosas.
Despois fala da volta ó traballo: dedícanlle artigos, empezou a colaborar coa revista en papel e as lectoras mándanlle fotos en bikini lendo a súa columna... E entre o ben que lle foi e o ben que lle vai, burla burlando acábaselle o texto.
E eso que os fai largos. Máis do que deberían ser, por cierto, porque sustitúe as comas por puntos e aparte. Non sei cómo vai facer para meter un texto de 310 palabras no espacio dunha columna, van ter que empezar a publica-la revista en formato rollo. Ou fará columnas de dez palabras en 30 líneas.
Serán haikus.

Haikus del centeno.

Con fotos de modelos subidas en Lambretta.

Sobre gin tonics en Santander e amores de verán.

(Suspiro)

luns, 7 de outubro de 2013

My week in bites that were just a tad too long to fit in a tweet

Leo aquí que a Jonathan Franzen lle gustan os DVDs e as Blackberrys. Tan de trazo groso como queirades, en 2013 eses dous datos pintan un retrato da personaxe.

A filla de Salinger escribiu un libro sobre el, titulado aquí "El guardián de los sueños". Máis aló do xogo de palabras, ¿por qué guardián de los sueños?, pregúntome, ¿era, coma Holden Caulfield, moi protector coa infancia e os sonos infantiles, por exemplo dos seus fillos?
Despois caio en que, igual que "El guardián entre el centeno" é unha tradución algo aquelada de "The catcher in the rye", así "El guardián de los sueños" será unha traducción de "Dream catcher", é decir, o atrapasueños, o colgarexo ese hippie new age pseudo indio. Vaia.

"Escogió las betamax y los HD-DVD"

Pásome media hora tratando de twittear unha fotografia que saquei na librería do aeroporto, de "Honrarás a tu padre" metido entre un libro da filla de Punset e outro dalgunha Rojas Marcos, que pretendo acompañar cun texto do tipo de: "Ese ruido sordo que oio de fondo debe de se-lo dos meus dentes rillando". Non é un gran chiste, granted, pero dá o nivel do meu twitter, para qué nos vamos engañar. Inténtoo varias veces sin éxito: teño mala conexión no aeroporto e a foto pesa moito. Probo cambiando o chiste, pero aínda así non consigo envialo.
Inténtoo tantas veces que acabo por gastarlle a batería ó móbil, e téñome que poñer a buscar un enchufe onde cargalo. Están todos ocupados, nun claro signo dos tempos que non me paro a analizar, ou taponados. Finalmente atopo un, despois de dar voltas polo aeroporto durante dez minutos mirando para as paredes, e casi me sorprendo da boa sorte que tiven: queda ó lado dunhos asentos, pero naide o utilizou porque está escondido detrás dunha planta.
Pero o cable é xusto o suficientemente corto como para que non poida estar sentado nos asientos; en lugar deso téñome que sentar no chan, ó lado dun banco e detrás dunha planta enorme, como se estivese tratando estupidamente de camuflarme. Entre a vexetación, co codo apoiado nun asento, mentras na pantalla do móbil parpadea a mensaxe "sending drafts", penso no sentido da vida.

Os anglofalantes usan a palabra "turd" con moita máis facilidade da que nosoutros utilizamos a súa equivalente. Non o digo soamente por esta portada, téñolla oído a David Mitchell (o humorista), con todo o esnobismo intelectual que lle presupoño por ser Cambridge alumni (e por ser, en xeral, delightfuly snob). Non teño ningunha reflexión ó respecto, simplemente o constato. Por cierto, ó escribir este texto encóntrome co grave problema de non ser capaz de escribir a traducción de "turd". En serio, teño algún principio moral que descoñecía que me impide teclear esa palabra.

Falando de principios morais, Pablo Mediavilla e Suanzes comentaban en twitter algunha vileza periodística, con palabras fortes: "pedazo de hijos de puta", dice un deles, e "buitres", "desgraciados", "rastreros"... Polo contexto, aventuro que terá que ver co caso da pícara de Santiago pero, como dixo Cabanela,  your guess is as good as mine.
En todo caso, somos varios os que preguntamos, indo e vindo por distintas contas de twitter porque queremos enterarnos deso tan morboso que Suanzes e Mediavilla insisten en manter en segredo, queremos saber, algo sucio, e indignarnos, morbo, buitres.

E outra cousa máis, apoiándome neso: paseime a esta semana bufándolle á radio e facendo teatrales aspavientos de defensa arxentino para non oír demasiado do da pícara, e acabei por volver a intentar ler "Moby Dick": "(...) tengo que echar mano de todos mis principios morales para evitar salir a la calle deliberadamente, y a golpes y de modo metódico quitarle a la gente los sombreros de la cabeza", e tal.
(Aínda non foi desta pero qué primeira páxina, qué maneira fenomenal de desbordar adverbios).

"People say the language of love is universal. It's not: we went to America, Ben tried to cuddle the immigration officers, they didn't understand him".
De novo, non teño ningunha reflexión que acompañe este comentario, pero si facedes a proba veredes que tén o tamaño xusto para non caber nun tuit. Por pouco, coma o cable do cargador e moitas outras cousas neste campo de enciños ó que chamamos vida.